martes, 11 de diciembre de 2012

PARQUE EÓLICO SOTAVENTO

A consellería de Innovación, Industria e Comercio promoveu a creación dun parque que ademáis de ser rentable económicamente, perseguira obxectivos de carácter divulgativo e formativo. Asi naceu este parque Eólico Experimental, inaugurado o 21 de xuño de 2001 polo príncipe Felipe.



Dito parque está situado en Xemade (Lugo) e consta dunha liña de 24 aeroxeneradores dos que se obtén a enerxía suficiente para abastecer a  12.000 familias, aforra o consumo de 68.000 barriles de petróleo e evita o vértido de 36.000 toneladas ao ano de Dióxido de Carbono.

Dende a Fundación Sotavento Galicia procuranse os  seguintes obxectivos:
   * Promoción, divulgación e debate de todos os aspectos relacionados coas enerxías renovables.
    * Promoción e realización de proxectos, estudos e outras actuacións de investigación relacionadas coas enerxías renovables e coa eólica en particular.
     *  Fomentar e divulgar a importancia do aforro e a eficiencia enerxética para conseguir un desenvolvemento sostible.
    * Promover  actuacións que vinculen o desenvolvemento enerxético coa súa interacción co medio ambiente.



O que máis nos chamou a atención foi a casa bioclimática: paredes que se abren unindo todos os espazos da casa, ventás que se abren mediante o manexo dunha PDA, asi como as persianas e as luces; sistema de calefacción e auga quente con paneis solares, etc.



A auga dos lavabos reutilízase no inodoro.
Tamén aprendimos que materiais captaban mellor a calor e que outros servían para aillar a casa do frío exterior, e como a través duns espellos a luz do exterior se reflexaba no interior para aforrar máis luz.




Tivemos a oportunidade de estar na sala de control dos aeroxeneradores.
               Vimos moitas maquetas para entender mellor como aproveitar a forza do vento.
Aprendimos o que é unha góndola, cales son as súas partes integrantes e cal é o mecanismo de funcionamento.
Repasanis cales son as fontes de enerxía renovables e as non renovables, as vantaxes e inconvintes de cada unha delas, a súas repercusións na natureza, etc. E tamén algúns consellos sobre como aforrar enerxía, auga...



     Asi pois, a pesar do frío que ía esa mañá, estivemos moi entretidos durante toda a xornada e aprendimos moitísimas cousas.

     AH! As nosas mestras tamén disfrutaron da visita e viviron unha experiencia nova ao poder conducir un coche eléctrico polas inmediacións do parque, e aproveitaron para indagar sobre as características deste tipo de vehículos (autonomía, velocidade punta, custo, modelos, etc.).










































martes, 20 de noviembre de 2012

DÍA UNIVERSAL DO NENO




Onde e cando surxiu a idea de que existira o día universal do neno?
A idea procede dunha institución chamada "Unión Internacional de Protección a la Infancia", que en 1952 plantexou que debía haber un día especial para festexar aos nenos. Un ano despois, en 1953, corenta países decidiron unirse á festa e celebralo tamén.
Pronto, as Naciones Unidas sumáronse á idea e decretouse por unanimidade que debía establecerse una data para honrar e poñer énfase nas necesidades dos nenos de todo o mundo.
O Día do Neno oficial, é o 20 de noviembre pero en cada país celébrase nun momento diferente.

Algúns medios fixéronse eco da importancia deste día, se queredes podedes pinchar nestes enlaces: 



E gustaríame lembrar unha cita dun novelista e poeta irlandés, chamado Oscar Wilde:
"El medio mejor para hacer buenos a los niños es hacerlos felices"
E dado que os nenos pasan moi tempo no colexio, gustaríame contribuir a isto.

domingo, 18 de noviembre de 2012

16 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA TOLERANCIA


Dado que a tolerancia é un dos valores que traballamos na clase de Cidadanía, creo que un día coma este,  merece que lle prestemos especial atención no noso blog.

Que é a tolerancia?
   A tolerancia é a actitude  positiva do ser humano frente ás diferencias das outras persoas. Entre os distintos tipos de tolerancia destácase a tolerancia étnica, a cal fai referencia á convivencia respetando e aceptando ás personas de distintas etnias.
   A pesar de que ás veces teñamos as nosas diferencias, debemos entender que o outro non sempre pensa igual que nós. Por iso debemos ser pacientes e tolerantes co resto, tal como nos gustaría que eles o fosen con nós. Desta forma, será máis doado vivir en armonía.

   O 16 de novembro de 1995 foi declarado pola UNESCO (Organización de las Naciones Unidas para la Educación, la Ciencia y la Cultura), o Día Internacional da Tolerancia.
Esta declaración levouse a diante despois de que os Estados membros da UNESCO aprobaran a Declaración dos Principios sobre a Tolerancia.
No documento final da Cumbre Mundial 2005, os xefes do Estado reafirmaron o seu compromiso de fomentar o benestar, a liberdade e o progreso dos seres humanos, asi como alentar a tolerancia, o respeto, o diálogo e a  cooperación entre diferentes culturas, civilizacións e pobos.

Ti considéraste tolerante? 





martes, 13 de noviembre de 2012

BLANCANIEVES




Ao igual que o curso pasado, este tamén participamos no programa CINENSINO. Trátase dun programa de educación en valores que vai dirixido aos alumnos de 5º e 6º de EP . Consta en primeiro lugar da proxección dunha película (por trimerstre) e posteriormente da realización das correspondentes unidades didácticas.
Pois ben, hoxe todos os alumnos do terceiro ciclo acudimos ó Jofre para ver unha versión do clásico "Blancanieves" que recibe o mesmo nome. 

 

A pesar de ser unha versión, todos agardabamos unha gran similitude coa obra orixinal, sen embargo, foi capaz de asombrarnos a todos cunha historia totalmente renovada, divertida e orixinal. O próximo paso será realizar unha posta en común sobre a película e a realización da unidade didáctica relacionada coa película. É unha boa forma de aprender, non vos parece?

domingo, 11 de noviembre de 2012

O MAGOSTO



Xa sopra o vento
¡chegou o momento!
Cun amplo sorriso

   Regaña o ourizo
   Ven Santos chuvioso
   Con moitos magostos
   ¡As ricas castañas
   quentiñas asadas!


A castaña é un froito rico en vitaminas, mesmo asada non perde a súa riqueza en vitamina C, ten mais cantidade desta vitamina que a maioría de froitas e verduras. Tamén é rica en potasio, ferro, manganeso, iodo, cobre, fósforo e calcio.

Pueden comerse prepararadas de moitas formas e actualmente expórtanse a moitos países.




O magosto é unha das festas más típicas de Galicia, pero tamén se celebra noutros lugares, como no Bierzo, na provincia de León. Nesta festa os elementos principais son as castañas e o lume.
No colexio, tódolos anos celebramos o Magosto, disfrutando cos compañeiros dunha merenda outonal a base de castañas asadas; que delicia!


E despois da merendola, a xogar!
Días antes, os alumnos elaboraron comecastañas para xogar a ver que clase de cada ciclo era quen de meter nelas un maior número de castañas. E adiviñades que grupo foi o gañador do terceiro ciclo? Pois ben, a nosa clase, a de sexto. Pero isto é unha anécdota, quedámonos co que disfrutamos todos xuntos.

Ademais cada un dos alumnos levaba unha medalla decorada por él mesmo. Estas son todas as medallas de sexto curso.


 


E ao final da xornada un repartiuse un diploma para cada aula.
  VIVA O MAGOSTO!



Se queredes ver máis fotos pinchade aquí:  MAGOSTO
















É TEMPO DE COGUMELOS!







Os alumnos e profes do 3º ciclo fomos invitados a unha exposición micolóxica que estes días estaba no Cantón. E non o dubidamos, o día 8, sen esquencernos dos chuvasqueiros e paraugas, alí nos presentamos.
Sabíamos que había cogomelos de moitos tipos, cores e formas, pero nunca tiveramos a posibilidade de ver tantos e tan diversos.



Alí agardábanos Pepe, un gran coñecedor dos cogomelos que nos explicou o mais significativo de cada unha das especies.
Dise que é o cogomelo da risa posto que é alucinóxena






Aprendimos que os cogomelos que saen debaixo dos pinos non son comestibles, que a maioría dos cogomelos que teñen láminas son tóxicas, que tras comer certos tipos de cogomelos o cor da na ouriña varía temporalmente, etc.
   
Coñecida como Peido de Lobo
É o rei bos bosques, debido ao seu exquisito sabor.

É moi tóxica






É carísima, uns 400 €/Kg., antigamente só os príncipes a comían
  
Pepe confesounos que empregaba unha seta para detectar ás persoas mentireiras. Trátase da proba de Pinocho: se ao entrar en contacto a seta coa pel da persoa, ésta queda pegada é unha mentireira, e todo o contrario se cae. De todas formas, xa veces que ás veces danse erros neste método, coma sucedeu no caso da mestra de 6º.


Eu creo que foi unha experiencia moi divertida e enriquecedora, que credes vos?


Aquí tedes máis fotos: EXPOSICIÓN MICOLÓXICA





domingo, 4 de noviembre de 2012

O SAMAÍN NO VALLE INCLÁN

Chegou o Outono, e con el, o tempo da vendimia, das castañas, das longas noites de choiva, vento e frío. Pero tamén é o tempo do SAMAÍN, un tempo de tradicións e de medo.


Se queredes comprobar todo o que sabes sobre o Samaín, propóñovos que xoguedes ó xogo que vos deixo neste enlace: xogo Samáin