jueves, 28 de mayo de 2015

Terceiro día na Granxa escola Barreiros

3º día na Granxa-escola Barreiros


O derradeiro día na granxa tamén fixemos moitas actividades interesantes!


Outra mañá máis, erguémonos cedo para dar de comer aos animais da granxa.







Despois recollemos no galiñeiro diferentes tipos de ovos (de galiña, de kiko, de pato...) e comprobamos se estaban fecundados ou non.










Tamén vimos diferentes tipos de incubadoras e fumos a dar o almorzo aos demais animais da granxa; os coellos, as galiñas, os porcos que estaban no "recreo",etc. Sempre baixo a estreita vixilancia de Ambrosio, que estaba a ver se recibía tamén algo de comer o moi lambón!















Unha vez que os animais estiveron ben alimentados, fumos á palleira e ensináronnos a facer pan. Esperamos que chegase á casa e puidésedes probalo, xa que nos saiu moi bo!


















Ademáis de todo isto, puidemos gozar de diferentes xogos populares ó longo dos tres días, así como das estupendas instalacións da granxa!
















 As que aprendimos a coidar!







Sen dúbida unha experiencia única e irrepetible, que vos recomendamos!!