Onte seguimos aprendendo na Granxa-Barreiros!
Levantámonos cediño pola maña e demoslles de comer aos animais: os porquiños (que grande era ambrosio!), o cabalo armanioso, a ovella josefina, e tamén ordeñamos a cabra Marta!
Despois de xogar un ratiño libremente comezaron as actividades:
Fixemos un roteiro, no que recollimos diferentes flores e observamos os animais e as plantas que encontrábamos polo camiño.
Despois fixemos un pequeno descanso no que creamos estupendos cadros, pero os pinceis eran moi especiais..Fixémolos cos pétalos! Mirade que bonitos quedaron!
Pola tarde dividímonos en grupos; a metade fixemos bálsamo labial e a outra metade acercámonos a un regato que hai preto da granxa, no que descubrimos moitos insectos interesantes! Mirade cantos collemos!
Xa para rematar o día, tivemos moitismos mais xogos; como o escondite, os biologos e as tartarugas, o cubo dos movementos, as estatuas, o director de orquesta, etc.
Dende logo un gran dia! Xa que descansamos como anxiños! Non si??
No hay comentarios:
Publicar un comentario