martes, 26 de mayo de 2015

Excursión a Sarria-Granxa escola-Barreiros



Divertido, diferente, único,fantástico...son algúns dos adxectivos que utilizaron os rapaces de 5° e 6° de EP para definir o primeiro día..


E non é para menos! Ao chegar explicáronnos as normas e ensináronnos as instalacións, ademais tivemos tempo para xogar e coñecer a Valentín!


Pola tarde fumos a horta e recollemos algunhas herbas aromáticas... Das que nos contaron moitas cousas interesantes! As cales utilizamos despois para facer uns xabóns que pronto poderedes ver!!

















Trala merenda, clasificamos as plantas recollidas e coñecemos algunhas das súas propiedades! Xa veredes que guapos imos estar con tanta sabiduría!!








Para rematar o día fixemos diversos bailes, en equipos buscamos os paxaros que se agocharon pola finca (pero con moito coidado para que non nos atopara Mario Tos...!)
Dende logo un día cheo de emocións, aprendo a respetarnos e cooperar! 

Ata mañá!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario