Hoxe, venres 15 de febreiro, os alumnos de 3º ciclo de EP, asi como os alumnos da ESO tivemos a oportunidade de visitar o buque "Juan Sebastián De Elcano"
Trece anos despois da súa última visita a esta cidade (no ano 1999), hoxe mesmo atracou no Arsenal Militar para desembarcar aos alumnos do curso de especilidade de Maniobra e Navegación que finalizan a súa viaxe de instrucción.
Para velo, desprazámonos camiñando a este Arsenal; lugar ao que a maioría de nós nunca fóramos, a pesar da curiosidade que tiñamos por descubrir como sería realmente este lugar.
Trece anos despois da súa última visita a esta cidade (no ano 1999), hoxe mesmo atracou no Arsenal Militar para desembarcar aos alumnos do curso de especilidade de Maniobra e Navegación que finalizan a súa viaxe de instrucción.
Para velo, desprazámonos camiñando a este Arsenal; lugar ao que a maioría de nós nunca fóramos, a pesar da curiosidade que tiñamos por descubrir como sería realmente este lugar.
Nada máis chegar quedamos abraiados polo aspecto tan cuidado, pola existencia de varias fragatas, pola vista ao lonxe do portavións Príncipe de Asturias, e como non pola grandiosidade do buque que íamos visitar.
O Juan Sebastián de Elcano recibiu nome na honra do ilustre mariño vasco. Foi construido en Cádiz e a súa botadura tivo
lugar o 5 de marzo de 1927.
A base do buque atópase no Arsenal de La Carraca en San Fernando, na provincia de Cádiz.
Neste buque todo está disposto para servir de escola aos futuros
oficiais da mariña. Conta con aulas e dependencias nas que os alumnos
realizan os seus estudios e actividades, ademais doutras tareas propias da vida
no mar, tendo a oportunidade de aprender a navegar como os antiguos mariñeiros.
Aparte de Buque Escola da Armada española, o Juan
Sebastián de Elcano actúa tamén como buque de apoio á
política exterior do Estado, mostrando a bandeira en todos os países que
visita, recibindo a bordo a diferentes autoridades e personalidades nacionais e extranxeiras, e gañándose o afecto dos que o visitan.
A súa primeira viaxe transoceánica foi a volta
ao mundo en dirección oposta á ruta Magallanes-Elcano. Desde entón xa leva realizadas outras nove, así como setenta e dous cruceiros de instrucción,
recorrendo máis dun millón e medio de millas náuticas por todos os mares do planeta. Nel formáronse xeracións e xeracións de oficiais de marines da Armada e tamén participou en innumerables desfiles.
Na súa longa traxectoria, o barco leva soportado numerosos temporais, loitando contra ondas de quince metros de altura e ventos de máis de cento sesenta kilómetros por hora. Historias relatadas polos seus comandantes nas súas crónicas que ben poderían figurar nos mellores relatos
de aventuras.
Cos anos sufriu trasformacións importantes, como a unión das seccións interiores, a
instalación dunha planta frigorífica, aire acondicionado en todas as
dependencias, planta potabilizadora de auga, planta de tratamento de residuos
fecais, motores auxiliares, etc.
Na actualidade, tamén conta cun motor diesel
sobrealimentado de 2.000 caballos de potencia.
O seu aparello considérase de bergantín-goleta,
aínda que tamén podería considerarse como goleta de velacho. Ten catro
mástiles que toman os nomes dos anteriores buques escola da Armada : Blanca, Almansa,
Asturias y Nautilus.
Tivemos a sorte de que acompañando a cada grupo había un garda-marina que nos explicou moitísimos aspectos sobre o buque e estivo disposto a responder a todas as preguntas que lle formulamos.
A visita resultou moi interesante, a proba as fotos nas que se pode ver o atentos que estabamos a todos os detaies do buque.
Está previsto que o buque zarpe o sábado pola tarde hacia Cadiz. BOA VIAXE!
Soy Enola: Me gusto mucho lo pase muy bien es muy grande el barco:)
ResponderEliminarSí,a min tamén me gustou moito o buque e alégrome de que a vos tamén vos gustara.
ResponderEliminaradan.me gusto mucho el barco y las metrayetas aun mas resumiendo era muy guay
ResponderEliminarDe Icía y Raquel:nos gusto mucho la excursion pero acabamos matadas de tanto andar;fue muy encretenida y divertida,nos explicaron cosas que no sabiamos para lo que servian.
ResponderEliminarOjala fueran todas las clases así,porque si fuera poco te ponias el bickini y te bañabas,de paso merendabamos 1 cocktel y tomabamos el sol.
UN BESITO DE LAS RI (que cursi...)
de silvia y cris , mos encanto el barco porq era historia de españa ,era precioso con la velas helevadas
ResponderEliminarlidia: me encanto el barco porq es historia de españa lo q dijo cris y silvia y es muy bonito por dentro y muy interesante :)
ResponderEliminarA mi también me gusto,porque fuimos unos privilegiados,eramos lo 1º o 2º o yo que se en entrar en el barco.Aunque también me gustaria haberlo visto con las velas desplegadas.
ResponderEliminarola soy Alex Beade me gusto mucho el juego nuevo y el cano también chao
ResponderEliminarA min tamen me gustou o xogo novo,pero os personaxes eran un pouco raros...
ResponderEliminarO TESOURO era 1 cousa bastante certa,por que aprendin que os amigos son o mais valioso