lunes, 11 de febrero de 2013

ENTROIDO

Xa chegou o Entroido !
 Igual que todos os anos os disfraces dos distintos cursos fan referencia a unha temática común; e  este curso a temática é o xogo. Asi pois, tras facer unha posta en común de todos os xogos que se nos ocorrían, seleccionamos o de Atrapa un pez, no que os pescadores deben capturar o maior número posible de peixes. Pronto puxémonos mans á obra para confeccionar os disfraces de peixes e para seleccionar os complementos dos disfraces de pescadores. 
Por fin chegou o día de lucir os disfraces, o venres 8 de febreiro.
Xa cos disfraces postos enchemos a tripa con distintos postres típicos destas datas que nais, pais e avós cociñaron para nós, gracias a todos eles.  Gustáronnos tanto que os peixes case  non podiamos nin nadar; asi que puxémosllo bastante doado aos pescadores.






 a visita de alguén moi coñecido tanto polos peixes como polos pescadores: "Bob Esponja" e pasámolo moi ben xuntos.




 E xa que ao fin deixou de chover, saímos dar un paseo pola zona de Catabois, onde nos fixemos con moitos caramelos que dende algúns establecementos, e incluso particulares, nos tiraron. Gracias  a todos eles pola súa xenerosidade.


Comecocos e pantasmas, marionetas, fichas de dominó, parchís, peixes e pescadores... xuntos pasamos unha xornada espléndida, non si?








3 comentarios:

  1. comojo:me gustaron mucho los dis fraces

    ResponderEliminar
  2. De icía: je je a min me gustaron moito as fotos especialmente cando os pescadores nos pescaban;a ver se todas clases son así :P

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. De Raquel:yo tambien estoy de acuerdo

      Eliminar