Só quedaban uns días de clase pero o sol e as altas temperaturas xa nos acompañaban, así que nada mellor que unha excursión ó parque acuático de Cerceda para alegrar os últimos días de clase.
Compartimos xogos, baños, e moitas risas.
Tamén conseguimos relaxarnos e esquencer por un día, o esforzo realizado durante o curso.
Esta é só unha mostra das fotos, se queredes velas todas, pincha aquí: FOTOS CERCEDA
Pero a excursión non foi o único que organizou o Valle Inclán 1 como despedida do curso adicado á auga, 2013-14; decidimos que o broche final poñeríano a festa da espuma e unha serie de actividades da man dos alumn@s de secundaria.
Os profes non fomos quen de librarnos do baño de espuma, sería unha vinganza?
Resultou divertidísimo facer pompas de xabón xigantes
Tamén puxemos a proba a nosa creatividade coa creación de murais con pulverizadores de pintura disolta en auga.
Asistimos a unha exhibición dos alumnos da ESO. |
Os maiores ensináronnos unhas coreografías xeniais. |
Rematamos cansos, pero mereceu a pena... durante o verán teremos tempo de descansar.
BÓ VERÁN, E.... ATA PRONTO!
Hola Fabiola soy Ray ya vi las fotos muy chulas jajaja bsos te echo de menos besos
ResponderEliminar