martes, 11 de diciembre de 2012

PARQUE EÓLICO SOTAVENTO

A consellería de Innovación, Industria e Comercio promoveu a creación dun parque que ademáis de ser rentable económicamente, perseguira obxectivos de carácter divulgativo e formativo. Asi naceu este parque Eólico Experimental, inaugurado o 21 de xuño de 2001 polo príncipe Felipe.



Dito parque está situado en Xemade (Lugo) e consta dunha liña de 24 aeroxeneradores dos que se obtén a enerxía suficiente para abastecer a  12.000 familias, aforra o consumo de 68.000 barriles de petróleo e evita o vértido de 36.000 toneladas ao ano de Dióxido de Carbono.

Dende a Fundación Sotavento Galicia procuranse os  seguintes obxectivos:
   * Promoción, divulgación e debate de todos os aspectos relacionados coas enerxías renovables.
    * Promoción e realización de proxectos, estudos e outras actuacións de investigación relacionadas coas enerxías renovables e coa eólica en particular.
     *  Fomentar e divulgar a importancia do aforro e a eficiencia enerxética para conseguir un desenvolvemento sostible.
    * Promover  actuacións que vinculen o desenvolvemento enerxético coa súa interacción co medio ambiente.



O que máis nos chamou a atención foi a casa bioclimática: paredes que se abren unindo todos os espazos da casa, ventás que se abren mediante o manexo dunha PDA, asi como as persianas e as luces; sistema de calefacción e auga quente con paneis solares, etc.



A auga dos lavabos reutilízase no inodoro.
Tamén aprendimos que materiais captaban mellor a calor e que outros servían para aillar a casa do frío exterior, e como a través duns espellos a luz do exterior se reflexaba no interior para aforrar máis luz.




Tivemos a oportunidade de estar na sala de control dos aeroxeneradores.
               Vimos moitas maquetas para entender mellor como aproveitar a forza do vento.
Aprendimos o que é unha góndola, cales son as súas partes integrantes e cal é o mecanismo de funcionamento.
Repasanis cales son as fontes de enerxía renovables e as non renovables, as vantaxes e inconvintes de cada unha delas, a súas repercusións na natureza, etc. E tamén algúns consellos sobre como aforrar enerxía, auga...



     Asi pois, a pesar do frío que ía esa mañá, estivemos moi entretidos durante toda a xornada e aprendimos moitísimas cousas.

     AH! As nosas mestras tamén disfrutaron da visita e viviron unha experiencia nova ao poder conducir un coche eléctrico polas inmediacións do parque, e aproveitaron para indagar sobre as características deste tipo de vehículos (autonomía, velocidade punta, custo, modelos, etc.).










































2 comentarios:

  1. Raquel:A min gustoume moito a excursion me pareceu moi entretenida e devertida foi unha pena que non nos dera tempo a facer o exsamen gustoume moito a casa que nos enseñaron con todas esas cosas
    UN BESO:)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. de icia:clara e ti estabades todo o rato:podemos facer o exame,podemos facer o exame.Eu,por min non o facia,a mais era dia de disfrutar

      Eliminar