AULA DE ECOLOXÍA URBANA
O mércores 18 de Marzo, dende
as 10.15h e ata as 13.15h, tivemos a oportunidade de asistir á aula de ecoloxía urbana de Ferrol, concretamente
ó obradoiro titulado “ La pirámide alimentaria”.
Con este obradoiro puidemos aprender a importancia dos hábitos alimenticios, e cales son os productos cos que levar unha dieta equilibrada.
Ademáis disto revisamos falsas crenzas sobre a nosa alimentación e analizamos os nosos hábitos.
Sen dúbida todos aprendemos moitas cousas interesantes, pero como somos tan participativos quedamos con ganas de máis!! Así que esperamos poder volver noutro momento para seguir aprendendo!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario