Os alumnos e profes do 3º ciclo fomos invitados a unha exposición micolóxica que estes días estaba no Cantón. E non o dubidamos, o día 8, sen esquencernos dos chuvasqueiros e paraugas, alí nos presentamos.
Sabíamos que había cogomelos de moitos tipos, cores e formas, pero nunca tiveramos a posibilidade de ver tantos e tan diversos.
Alí agardábanos Pepe, un gran coñecedor dos cogomelos que nos explicou o mais significativo de cada unha das especies.
Dise que é o cogomelo da risa posto que é alucinóxena |
Aprendimos que os cogomelos que saen debaixo dos pinos non son comestibles, que a maioría dos cogomelos que teñen láminas son tóxicas, que tras comer certos tipos de cogomelos o cor da na ouriña varía temporalmente, etc.
Coñecida como Peido de Lobo |
É o rei bos bosques, debido ao seu exquisito sabor. |
É moi tóxica |
Pepe confesounos que empregaba unha seta para detectar ás persoas mentireiras. Trátase da proba de Pinocho: se ao entrar en contacto a seta coa pel da persoa, ésta queda pegada é unha mentireira, e todo o contrario se cae. De todas formas, xa veces que ás veces danse erros neste método, coma sucedeu no caso da mestra de 6º.
Aquí tedes máis fotos: EXPOSICIÓN MICOLÓXICA
icia:segue sen irme as fotos pero na exposicion paseino pipa
ResponderEliminar