Mostrando entradas con la etiqueta área recreativa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta área recreativa. Mostrar todas las entradas

martes, 24 de enero de 2012

CONTACTO COA NATUREZA: EXCURSIÓN A PEDROSO

O pasado día 13, os nenos e nenas de Educación Primaria, xunto cos seus titores/as fomos de excursión á área recreativa de Pedroso. As baixas temperaturas rexistradas á beira do rio Xuvia, non nos impediron disfrutar do entorno natural.
Os alumnos de 5º e 6º comezamos facendo unha ruta para coñecer os tres muíños que hai nas proximidades: muíño de Chao, muíño de Gradaílle e muiño de Entrerríos.
Muiño de Chao
Muiño de Gradaille

   
Muíño de Entrerríos











 












 

                                                                                   



Polo camiño, o noso guía, Damián, fíxonos tomar conciencia de moitos aspectos que de non ser por el pasaríanos desapercibidos: as pegadas dun xabarín, o rastro que un golpe macho deixou para marcar o territorio, o carreiro que fixo un xabarín ó baixar do monte...


Tamén nos axudou a identificar distintas especies arbóreas.
 



  

Despois de merendar na área recreativa, os alumnos/as do último ciclo, participaron nun xogo en grupo. Debían permanecer agarrados das mans mentres buscaban no entorno pistas que lles permitían avanzar nun taboeiro.



                                   

E xa para rematar, entramos no muíño de Chao e alí observamos grans de distintos cereais, peneiramos mentres nos quentábamos ó carón da lareira e por último  observamos as distintas partes do muíño.



Tócavos darnos a opinión sobre a excursión:
que vos pareceu?, como o pasáchedes?, aprendíchedes moito? repetiríades esta visita noutra estación para ver as difencias que se producen no entorno (nas árbores, a fauna, o caudal do río...)?