miércoles, 29 de octubre de 2014

EXPOSICIÓN E OBRADOIRO DE PINTURA

O mércores 15 os alumnos de 5º e 6º curso fixemos a primeira saída cultural do curso 2014-2015. Foi ó Centro Sociocultural A fundación de Ferrol.
Alí tivemos a posibilidade de ver unha exposición composta por 52 obras, todas elas coa técnica de grabado,  dalgúns dos mestres da arte española do século XX, entre os que destacan Salvador Dalí, Pablo Picasso e Joan Miró.



Tivemos tempo de ver todas as obras, de xogar tratando de descubrir en grupo cal era o cadro do que nos deron certas pistas...






Aprendemos cales eran os útiles do grabado...

E puidemos practicar con eles.
Gubia ,tórculo, linolio... son só unha mostra dos materiais que empregamos.




O resultado foi moi satisfactorio, e a experiencia moi agradable e enriquecedora.




O linolio no que fixemos o grabado e o resultado unha vez estampado no papel.
Añadir leyenda

Mereceu a pena a pesar da cicloxénesis explosiva coa que nos topamos no camiño de volta ó colexio, non si?

martes, 9 de septiembre de 2014

INICIO DO CURSO 2014-15


 Aínda que pasaron máis rápido do que nos gustaría a todos, as vacacións de verán xa remataron e tócanos voltar á rutina. É por iso, polo que un curso máis os mestres do colexio Valle Inclán darémosvos a benvida a todos os alumn@s de EP o día 10 ás 9.30 h. Agárdovos a todos; pero xa vos poido anticipar algunha información como o horario deste curso, o material escolar que necesitaredes e a data da reunión de pais. Adianto que temos novidades, coas que sempre buscamos a mellora na calidade da nosa ensinanza.


HORARIO DE 6º CURSO


LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
9:00
9:50

MATE

LENGUA

MATE

INGLÉS

CDM
9:50
10:40

INGLÉS

INGLÉS

MÚSICA

MATE

LINGUA
10:40
11:30

EF

MATE

CDM

LENGUA

CIDADANÍA
11.30
12:00
R            E            C            R            E            O
12:00
12:20

L           E           C          T          U          R          A
12:20
13:10

CDM

LINGUA

EF

AT.EDTVA

CIDADANÍA
13:10
14:00

LENGUA

AT.EDTIVA

LINGUA

CDM

PLÁSTICA

MATERIAL ESCOLAR:

-          2 CADERNOS DE GRAMPAS  CADRICULADOS TAMAÑO DIN A-4 (C.Medio e Mate).
-          3 CADERNOS DE GRAMPAS  RAIADOS TAMAÑO DIN A-4 (Inglés, Lingua e Lengua).
-          1 CADERNO DE PENTAGRAMAS ANCHOS.
-          1 PAQUETE DE FOLIOS BRANCOS.
-          1 BLOC DE DEBUXO ARTÍSTICO.
-          2 CARTULINAS (unha branca e outra doutra cor).
-          MAPAS MUDOS DE GALICIA (2 físicos) e DE ESPAÑA (2 políticos e 2 físicos).
-          2 CARPETAS TIPO SOBRE DE PLÁSTICO TAMAÑO  A-4.
-          1 CARPETA DE FUNDAS DE PLÁSTICO TAMAÑO A-4.
-          REGRA, SEMICÍRCULO E COMPÁS.
-          FLAUTA (válida a dos cursos anteriores).
-          CERAS BLANDAS TIPO MANLEY (són válidas as do curso pasado).
-          Na mochila traerán diariamente outro material de uso personal como: lapis, goma, afia, tesoiras, pegamento, rotuladores, pinturas e bolígrafos (azul, negro e vermello).

REUNIÓN DE TITORÍA:

Coma todos os anos, faremos unha reunión cos pais que se realizará o día 29 de setembro ás 16.30h. Contamos coa vosa asistencia. Gracias pola vosa colaboración, un saúdo.


A titora:


 Fabiola Mouriz Rodríguez

miércoles, 25 de junio de 2014

FESTEXAMOS O FIN DO CURSO...


Só quedaban uns días de clase pero o sol e as altas temperaturas xa nos acompañaban, así que nada mellor que unha excursión ó parque acuático de Cerceda para alegrar os últimos días de clase.


Compartimos xogos, baños, e moitas risas.


Tamén conseguimos relaxarnos e esquencer por un día, o esforzo realizado durante o curso.

Esta é só unha mostra das fotos, se queredes velas todas, pincha aquí: FOTOS CERCEDA

Pero a excursión non foi o único que organizou o Valle Inclán 1 como despedida do curso adicado á auga, 2013-14;  decidimos que o broche final poñeríano a festa da espuma e unha serie de actividades da man dos alumn@s de secundaria.














 Os profes non fomos quen de librarnos do baño de espuma, sería unha vinganza?

                                      Resultou divertidísimo facer pompas de xabón xigantes
 Sorprendeunos o xogo do cohete, nunca fixeramos nada similar.

 Tamén puxemos a proba a nosa creatividade coa creación de murais con pulverizadores de pintura disolta en auga.





Asistimos a unha exhibición dos alumnos da ESO.

Os maiores ensináronnos unhas coreografías xeniais.



Rematamos cansos, pero mereceu a pena... durante o verán teremos tempo de descansar.




BÓ VERÁN, E.... ATA PRONTO!

lunes, 2 de junio de 2014

EXCURSIÓN A MANZANEDA



Este curso os alumnos do terceiro ciclo e as súas titoras, fomos de excursión a Manzaneda. A pesar do que poida parecer na foto, a idea non era ir a esquiar pero sí disfrutar doutros deportes e actividades no exterior e outras, tamén moi divertidas, no interior.
Unha vez alí, a neve sorprendeunos a todos, pero non chegou a diminuir as nosas ganas de disfrutar das distintas actividades que nos propuxeron; asi como da compañía dos compañeiros. Desta forma tivemos a posibilidade de fortalecer, aínda máis a nosa amistad e compañeirismo.


 Xa na parada que fixemos no camiño de ida, compartimos xogos e moitas risas.
Vaia subidón de adrenalina experimentamos nos karts!



E tamén o primeiro día tivemos puidemos montar a cabalo. Tanto o branco coma o negro foron moi pacientes con nós, posto que a maioría non sabíamos montar e tiñamos un pouco de medo.

Outra das actividades que máis nos gustou foi a escalada, a pesar de que debido ás malas condicións metereolóxicas puidemos practicar pouco tempo e só en horizontal (travesía). Sen embargo, foi sufiente para conseguir algunhas nocións e para aprender a facer algúns nudos básicos dos que se empregan na escalada. Resultou moi interesante.


Participamos tamén noutra actividade exterior na que poñíamos en práctica a nosa orientación. Tiñamos que buscar os lugares representados nunha serie de fotos que nos proporcionaron previamente. Desta forma, coñecemos un pouco máis o entorno e divertímonos en grupo.

Pero ademáis, fixemos outras actividades de interior, que non foron menos divertidas.



Para entrar en calor, que mellor que un baño na piscina climatizada. Era a primeira vez que coincidíamos todos nunha piscina. Os xogos e as risas das que  experimentamos aquí fixeron que esta fora a actividade que máis lle gustou a gran parte dos nosos alumnos, segundo as enquisas que fixemos á volta.

Ademaís un pequeno obradoiro de primeiros auxilios permitiunos adquirir as principais nocións sobre o masaxe cardíaco, distintas técnicas de rescate a feridos na neve, como inmovilizar temporalmente unha extremidade ata que unha persoa reciba atención médica... Agardo que non se nos esqueza nada porque disto pode depender a vida dunha persoa.


 Pero a pesar do cansos que estaban ao rematar o día, todavía tiñan forzas suficientes para tratar de facer festas nas habitacións. Resistíanse a durmir!







 E como tiñan ganas de festa, a gastar enerxía na discoteca!
Festa rachada!
Estas fotos son a proba de que as baixas temperaturas non foron quen de evitar que disfrutásemos ao máximo de todas e cada unhas das actividades que levamos a cabo. Non si?
E a maioría está contando os días ata a próxima excursión.

Se queredes ver moitas máis fotos desta excursión pinchade aquí: MANZANEDA