domingo, 11 de noviembre de 2012

O MAGOSTO



Xa sopra o vento
¡chegou o momento!
Cun amplo sorriso

   Regaña o ourizo
   Ven Santos chuvioso
   Con moitos magostos
   ¡As ricas castañas
   quentiñas asadas!


A castaña é un froito rico en vitaminas, mesmo asada non perde a súa riqueza en vitamina C, ten mais cantidade desta vitamina que a maioría de froitas e verduras. Tamén é rica en potasio, ferro, manganeso, iodo, cobre, fósforo e calcio.

Pueden comerse prepararadas de moitas formas e actualmente expórtanse a moitos países.




O magosto é unha das festas más típicas de Galicia, pero tamén se celebra noutros lugares, como no Bierzo, na provincia de León. Nesta festa os elementos principais son as castañas e o lume.
No colexio, tódolos anos celebramos o Magosto, disfrutando cos compañeiros dunha merenda outonal a base de castañas asadas; que delicia!


E despois da merendola, a xogar!
Días antes, os alumnos elaboraron comecastañas para xogar a ver que clase de cada ciclo era quen de meter nelas un maior número de castañas. E adiviñades que grupo foi o gañador do terceiro ciclo? Pois ben, a nosa clase, a de sexto. Pero isto é unha anécdota, quedámonos co que disfrutamos todos xuntos.

Ademais cada un dos alumnos levaba unha medalla decorada por él mesmo. Estas son todas as medallas de sexto curso.


 


E ao final da xornada un repartiuse un diploma para cada aula.
  VIVA O MAGOSTO!



Se queredes ver máis fotos pinchade aquí:  MAGOSTO
















É TEMPO DE COGUMELOS!







Os alumnos e profes do 3º ciclo fomos invitados a unha exposición micolóxica que estes días estaba no Cantón. E non o dubidamos, o día 8, sen esquencernos dos chuvasqueiros e paraugas, alí nos presentamos.
Sabíamos que había cogomelos de moitos tipos, cores e formas, pero nunca tiveramos a posibilidade de ver tantos e tan diversos.



Alí agardábanos Pepe, un gran coñecedor dos cogomelos que nos explicou o mais significativo de cada unha das especies.
Dise que é o cogomelo da risa posto que é alucinóxena






Aprendimos que os cogomelos que saen debaixo dos pinos non son comestibles, que a maioría dos cogomelos que teñen láminas son tóxicas, que tras comer certos tipos de cogomelos o cor da na ouriña varía temporalmente, etc.
   
Coñecida como Peido de Lobo
É o rei bos bosques, debido ao seu exquisito sabor.

É moi tóxica






É carísima, uns 400 €/Kg., antigamente só os príncipes a comían
  
Pepe confesounos que empregaba unha seta para detectar ás persoas mentireiras. Trátase da proba de Pinocho: se ao entrar en contacto a seta coa pel da persoa, ésta queda pegada é unha mentireira, e todo o contrario se cae. De todas formas, xa veces que ás veces danse erros neste método, coma sucedeu no caso da mestra de 6º.


Eu creo que foi unha experiencia moi divertida e enriquecedora, que credes vos?


Aquí tedes máis fotos: EXPOSICIÓN MICOLÓXICA





domingo, 4 de noviembre de 2012

O SAMAÍN NO VALLE INCLÁN

Chegou o Outono, e con el, o tempo da vendimia, das castañas, das longas noites de choiva, vento e frío. Pero tamén é o tempo do SAMAÍN, un tempo de tradicións e de medo.


Se queredes comprobar todo o que sabes sobre o Samaín, propóñovos que xoguedes ó xogo que vos deixo neste enlace: xogo Samáin

martes, 11 de septiembre de 2012

EMPEZAMOS UN NOVO CURSO: 2012-2013


Despois de descansar máis de dous meses, chegou o momento de voltar ó colexio e de iniciar un novo curso. No verán tivemos tempo de descansar, de facer moitas cousas e supoño que tamén de cargas as pilas posto que este será o noso último curso de Educación Primaria. 


 - 2 CADERNOS DE GRAMPAS (tipo Oxford) CUADRICULADOS TAMAÑO DIN A-4 (para C.Medio e Mate)
 - 1 CADERNO DE GRAMPAS RAIADO TAMAÑO DIN A-4 RAIADO (para Lingua)
 - 2 CADERNOS PEQUENOS DE GRAMPAS E RAIADOS ( para Inglés e Lengua)
 - 1 PAQUETE DE 500 FOLIOS BLANCOS E OUTRO PAQUETE DE FOLIOS DE CORES
 - 1 CADERNO DEBUXO ARTÍSTICO
 - 1 CADERNO DE PENTAGRAMAS ANCHOS
 - 2 CARTULINAS GRANDES DE DIFERENTES
 - 1 BLOC DE CARTULINAS PEQUENAS
 - 1 CARPETA DE GOMAS PARA ARCHIVAR DISTINTOS TRABALLOS
 - 2 CARPETAS TIPO SOBRE DE PLÁSTICO TAMAÑO DIN A-4  
 - CERAS DURAS (TIPO PLASTIDECOR)
 - CERAS BLANDAS (TIPO MANDLEY)
 -  ROTULADORES, LÁPIS 2B, BOLÍGRAFO AZUL E OUTRO VERMELLO
 -  GOMA, AFILAPIS, TESOIRAS E PEGAMENTO
 -  REGRA, SEMICÍRCULO E COMPÁS
 -  MAPAS MUDOS:  físicos e políticos de Galicia e España (2 de cada)


*Non é necesario mercar todo o que aparece ni lista xa que poden traer todo o material servible que teñan de cursos anteriores. 

Isto é todo polo momento, só me queda desexarvos que teñades un bó curso, no que todos poidamos aprender moito e compartir experiencias agradables que nos sirvan para continuar madurando ó lado dos compañeiros/as.  BENVIDOS E BENVIDAS.



sábado, 7 de julio de 2012

FIN DE CURSO

Nove meses despois de comezar as clases despedimos o curso 2011-2012. Nel pasáronnos cousas importantes:
creamos un Blog para o terceiro ciclo, co que continuaremos para o próximo curso; adquirimos varios compromisos que nos axudaron a fomertar entre todos nós, valores que nos axudan a medrar como personas; aprendimos a resolver pequenos conflictos que xurden coa convivencia;  interiorizamos moitos contidos de tódalas materias; e compartimos momentos moi diversos (de cine, excursións, festivais...).
Pero ahora toca descansar para repoñer forzas e en setembro comezar o último curso de ciclo; asi que o último día de curso celebrámolo así:


                                                              



                                                 











E estes son os murais que me fixéchedes, e polos que vos estou moi agradecida.

Por certo, bailáchedes moi ben, sodes uns artistas, e para que vos vexades póñovos os vídeos.