martes, 25 de abril de 2017

PROXECTO DE INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA DOS ALUMN@S DE 5º

Todos os membros da comunidade educativa temos un mesmo interés: promover a capacidade de aprendizaxe, o interés polo entorno, o espíritu crítico, a capacidade de análise das situacións que se nos plantexen na vida cotiá, etc. e isto consíguese con traballos de tipo interdisciplinar que motivan aos nosos alumnos. Coñecedores disto,unha familia moi colaboradora co centro, fíxonos chegar a proposta deste proxecto  para presentar ao concurso Luis Freire de Investigación Científica na escola.  A dia de hoxe sabemos como somos finalistas do concurso pero o que verdadeiramente nos importa e que os nosos alumnos aprenderon moitísimo, que disfrutaron con cada entrevista, con cada experimento, que foron capaces de transmitir o seu entusiasmo na casa (e noutros casos sucedeu á inversa), e que moitos dos obxectivos marcadas nas distintas áreas traballáronse gracias a este proxecto.
Se ollando o que vos amosamos a continuación no blog sobre o traballo levado a cabo, conseguimos transmitiros una pequena parte do noso entusiasmo (o dos alumnos/as, o das familias e o dos profesores/as, etc.) xa somos gañadores.

SOMOS LUNÁTICOS...
MITO OU REALIDADE

Existen en Galicia moitas lendas relacionadas coa lúa, pero canto hai de certo nelas?
Ata que punto a lúa afecta ao comportamento das persoas? e aos animais?
Como condiciona a lúa á pesca? e á agricultura?



Pois ben, para elaborar unha hipótese e comezar a nosa investigación, os alumnos/as de 5º saíron á rúa para facer enquisas a persoas de distinta idade, sexo e entorno; e rexistraron os datos obtidos en táboas. 
Unha das entrevista que os alumnos/as fixeron na rúa.

Ademais, algúns alumnos achegáronse ata o Hospital Arquitecto Marcide (CHUF) de  Ferrol, para entrevistar a Alberto e ás súas compañeiras e así averiguar que hai de certo en que a lúa exerce unha gran influencia sobre os partos.



No colexio indagamos sobre a data de nacemento de todos os alumnos/as de Ed. Primaria para comprobar cantos alumnos naceron en cada unha das fases lunares. 
Os alumnos de 5º explicando como debían cubrir unha enquisa sobre a súa data de nacemento.
                                       
 Dado que outra das creencias populares é que a lúa inflúe nos cultivos, algunhas das nosas alumnas acercáronse a Covas Vexetal, onde Ángela  e Manuel  comentaron, entre outras cousas, que eles prestan especial atención en sementar e recoller os cultivos en lúa menguante.

 Por outra parte, a visita a unha granxa era imprescindible para averiguar se a lúa inflúe na produción do leite asi coma nos partos das vacas.
Entrevista a Pura, tecnica agraria da granxa o Cancelo.

 Pura, técnica agraria da granxa o Cancelo, axudounos nesta investigación participando nunha enquisa que lle fixemos e aportando datos sobre a produción de leite a diario e sobre os nacementos que se deron na granxa durante o 2016. Cos datos obtidos fixemos os seguintes gráficas.


Tamén entrevistamos a Pedro, o patrón dun barco do porto de Cariño, para averiguar en que fases da lúa pescaban máis.


 Cos datos aportados por Pedro puidemos facer esta gráfica sobre as capturas de peixe nas distintas fases da lúa.

 Dende xa hai tempo vimos escoitándolle, medio en broma medio en serio, á profe Eva que éramos lunáticos; pero  co inicio deste proxecto chegou a hora de que o fixera de xeito formal...
Seguro que cría que o noso comportamento varía en función das fases da lúa? E o resto dos profes do colexio que opinaban sobre isto?
Chegou o momento de averigualo; e para iso, dividos en grupos, fixemos entrevistas a todos os profes de Ed. Primaria. Ademais, estes aceptaron o compromiso de observar e rexistrar o noso comportamento durante un ciclo lunar


Entrevista a profesoras do noso colexio.

Os profesores de Primaria comprometéronse a levar a cabo un rexistro sobre o comportamento dos alumnos na clase durante un ciclo lunar e cos datos obtidos tamén fixemos gráficas.


Á vista disto imos ter que darlle a razón a Eva...

Ademais, fixemos experimentos moi interesantes:
Para comprobar a hipótese de que as fases lunares afectan ao crecemento das plantas, sementamos allos nas diferentes fases da lúa durante un ciclo lunar completo.

Alumnos sementando os allos
Regaban os allos unha vez á semana




Cumprimentamos o diario de seguemento para que a investigación fose máis rigurosa.

Puidemos observar o crecemento dos allos día a día. Resultou moi gratificante.
Os allos sementados nas distintas fases lunares.
Pasadas as 5 semanas dende a data de semente de cada allo, recollémolos e comprobamos as súas medidas.

Identificamos os allos para pesalos e medilos.



















A continuación anotamos os datos nun formulario e elaboramos gráficas cos resultados.

Como vedes, a pesar de que non apreciamos grandes diferenzas entre os allos sementados nas distintas fases lunares, os allos de máis peso e lonxitude foron os sembrados en lúa crecente.



Pero entón podemos confirmar a hipótese de que a lúa inflúe no comportamento dos seres vivos, animais e plantas? 
Fai click no seguine enlace para ver o vídeo no que explicamos como levamos a cabo todo o proceso de investigación así coma os resultados.





No hay comentarios:

Publicar un comentario