miércoles, 25 de junio de 2014

FESTEXAMOS O FIN DO CURSO...


Só quedaban uns días de clase pero o sol e as altas temperaturas xa nos acompañaban, así que nada mellor que unha excursión ó parque acuático de Cerceda para alegrar os últimos días de clase.


Compartimos xogos, baños, e moitas risas.


Tamén conseguimos relaxarnos e esquencer por un día, o esforzo realizado durante o curso.

Esta é só unha mostra das fotos, se queredes velas todas, pincha aquí: FOTOS CERCEDA

Pero a excursión non foi o único que organizou o Valle Inclán 1 como despedida do curso adicado á auga, 2013-14;  decidimos que o broche final poñeríano a festa da espuma e unha serie de actividades da man dos alumn@s de secundaria.














 Os profes non fomos quen de librarnos do baño de espuma, sería unha vinganza?

                                      Resultou divertidísimo facer pompas de xabón xigantes
 Sorprendeunos o xogo do cohete, nunca fixeramos nada similar.

 Tamén puxemos a proba a nosa creatividade coa creación de murais con pulverizadores de pintura disolta en auga.





Asistimos a unha exhibición dos alumnos da ESO.

Os maiores ensináronnos unhas coreografías xeniais.



Rematamos cansos, pero mereceu a pena... durante o verán teremos tempo de descansar.




BÓ VERÁN, E.... ATA PRONTO!

lunes, 2 de junio de 2014

EXCURSIÓN A MANZANEDA



Este curso os alumnos do terceiro ciclo e as súas titoras, fomos de excursión a Manzaneda. A pesar do que poida parecer na foto, a idea non era ir a esquiar pero sí disfrutar doutros deportes e actividades no exterior e outras, tamén moi divertidas, no interior.
Unha vez alí, a neve sorprendeunos a todos, pero non chegou a diminuir as nosas ganas de disfrutar das distintas actividades que nos propuxeron; asi como da compañía dos compañeiros. Desta forma tivemos a posibilidade de fortalecer, aínda máis a nosa amistad e compañeirismo.


 Xa na parada que fixemos no camiño de ida, compartimos xogos e moitas risas.
Vaia subidón de adrenalina experimentamos nos karts!



E tamén o primeiro día tivemos puidemos montar a cabalo. Tanto o branco coma o negro foron moi pacientes con nós, posto que a maioría non sabíamos montar e tiñamos un pouco de medo.

Outra das actividades que máis nos gustou foi a escalada, a pesar de que debido ás malas condicións metereolóxicas puidemos practicar pouco tempo e só en horizontal (travesía). Sen embargo, foi sufiente para conseguir algunhas nocións e para aprender a facer algúns nudos básicos dos que se empregan na escalada. Resultou moi interesante.


Participamos tamén noutra actividade exterior na que poñíamos en práctica a nosa orientación. Tiñamos que buscar os lugares representados nunha serie de fotos que nos proporcionaron previamente. Desta forma, coñecemos un pouco máis o entorno e divertímonos en grupo.

Pero ademáis, fixemos outras actividades de interior, que non foron menos divertidas.



Para entrar en calor, que mellor que un baño na piscina climatizada. Era a primeira vez que coincidíamos todos nunha piscina. Os xogos e as risas das que  experimentamos aquí fixeron que esta fora a actividade que máis lle gustou a gran parte dos nosos alumnos, segundo as enquisas que fixemos á volta.

Ademaís un pequeno obradoiro de primeiros auxilios permitiunos adquirir as principais nocións sobre o masaxe cardíaco, distintas técnicas de rescate a feridos na neve, como inmovilizar temporalmente unha extremidade ata que unha persoa reciba atención médica... Agardo que non se nos esqueza nada porque disto pode depender a vida dunha persoa.


 Pero a pesar do cansos que estaban ao rematar o día, todavía tiñan forzas suficientes para tratar de facer festas nas habitacións. Resistíanse a durmir!







 E como tiñan ganas de festa, a gastar enerxía na discoteca!
Festa rachada!
Estas fotos son a proba de que as baixas temperaturas non foron quen de evitar que disfrutásemos ao máximo de todas e cada unhas das actividades que levamos a cabo. Non si?
E a maioría está contando os días ata a próxima excursión.

Se queredes ver moitas máis fotos desta excursión pinchade aquí: MANZANEDA

jueves, 15 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS


Este ano réndese tributo ó poeta  Xosé María Díaz Castro.
Na clase estes días estivemos a traballar sobre o tema e aprendimos moito.

Se queredes averiguar algúns datos máis sobre o homenaxeado e incluso divertirte un pouco con distintos xogos, pincha aquí

Hai moitos documentais na web sobre Xosé María Díaz Castro, pero este é un deles: DOCUMENTAL

Tamén vos deixo outras actividades, é unha boa forma de aprender. ACTIVIDADES

Mañá venres, no colexio, faremos algo especial para celebrar este día, e despois colegaremos as fotos no blog.

BÓ DÍA DAS LETRAS GALEGAS A TODOS!

jueves, 24 de abril de 2014

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO


O 23 de abril é un día importante no noso colexio porque precisamente o libro é un dos instrumentos, e non o único, que nos axuda na aprendizaxe diaria que levamos a cabo xuntos.

Este ano fixemos dúas actividades importantes co gallo da celebración deste día.
Unha delas consistíu nun concurso de contos. Asi pois, os alumnos de 5º en parexas inventaron un conto coa temática da auga. Entre todos os contos da clase seleccionouse un, o gañador. Queredes lelo?
Aquí o tedes:
Érase unha vez unha serea moi fermosa que estaba enoxada porque vía como morrían moitos peixes pola contaminación que producían os homes. Un día dicidiu ir xunto da Bruxa do Mar para que fixera un feitizo e a convertera nunha muller. Desta forma, intentaría deter a contaminación.
O feitizo funcionou e a serea espertou na praia sen cola, e as pernas dunha humana.
A idea era boa, pero había un problema; era demasiado o lixo que había e non daba feito. Sen embargo, con moito esforzo e a axuda de moitos amigos, que foi coñecendo mentres limpaba, déronno conseguido.
Un día, mentres ía camiñando pola praia, atopou un cangrexo ermitán que en vez dunha cuncha tiña unha lata. Éste díxolle que perdera a súa cuncha porque se lle estropeara cun vertido de petróleo que había na area e por iso tivera que meterse nunha lata de aceitunas pequeniña. Os dous fixéronse moi bós amigos e limparon toda a praia. A bruxa, que estaba moi satisfeita co seu traballo, decidiu facer outro feitizo para recompensalos pola súa importante labor. Asi que, a serea volveu á súa forma orixinal e ó cangrexo transformouno en Príncipe dos Mares. Os dous namoráronse e xuntos surcaron os mares contribuíndo a eliminar a contaminación e concienciando a todo o mundo sobre a importancia do coidado da natureza. E desta forma foron felices para sempre.

Outra das actividades consistiu en preparar un conto para contarllos a compañeiros doutros cursos. Os alumnos e alumnas de 5º contámosllos ós de 6º e eles a nós.
ESCENIFICACIÓN DO CONTO DE 5º




ESCENIFICACIÓN DO CONTO DE 6º