Dado que a tolerancia é un dos valores que traballamos na clase de Cidadanía, creo que un día coma este, merece que lle prestemos especial atención no noso blog.
Que é a tolerancia?
A tolerancia é a actitude positiva do ser humano frente ás diferencias das outras persoas. Entre os distintos tipos de tolerancia destácase a tolerancia étnica, a cal fai referencia á convivencia respetando e aceptando ás personas de distintas etnias.
A pesar de que ás veces teñamos as nosas diferencias, debemos entender que o outro non sempre pensa igual que nós. Por iso debemos ser pacientes e tolerantes co resto, tal como nos gustaría que eles o fosen con nós. Desta forma, será máis doado vivir en armonía.
O 16 de novembro de 1995 foi declarado pola UNESCO
(Organización de las Naciones Unidas para la Educación, la Ciencia y la
Cultura), o Día Internacional da Tolerancia.
Esta declaración levouse a diante despois de que os Estados
membros da UNESCO aprobaran a Declaración dos Principios sobre a
Tolerancia.
No documento final da Cumbre Mundial 2005, os xefes do Estado reafirmaron o seu compromiso de fomentar o benestar, a
liberdade e o progreso dos seres humanos, asi como alentar a tolerancia, o
respeto, o diálogo e a cooperación entre diferentes culturas, civilizacións e pobos.
Ti considéraste tolerante?