jueves, 7 de mayo de 2015

Aula de ecoloxía urbana

AULA DE ECOLOXÍA URBANA

O mércores 18 de Marzo, dende as 10.15h e ata as 13.15h, tivemos a oportunidade de asistir á aula de ecoloxía urbana de Ferrol, concretamente ó obradoiro titulado “ La pirámide alimentaria”.


Con este obradoiro puidemos aprender a importancia dos hábitos alimenticios, e cales son os productos cos que levar unha dieta equilibrada. 



Ademáis disto revisamos falsas crenzas sobre a nosa alimentación e analizamos os nosos hábitos.

Sen dúbida todos aprendemos moitas cousas interesantes, pero como somos tan participativos quedamos con ganas de máis!! Así que esperamos poder volver noutro momento para seguir aprendendo!!



jueves, 19 de febrero de 2015

RACING CLUB FERROL

OPA RACING!!!


Esta mañá tivemos a oportunidade de coñecer no colexio a catro xogadores do racing club ferrol, entre eles estaba: Diego Vela, Dani Rodriguez, Ian Mackay e Nano, ademáis viñeron acompañados polo seu manager Gerardo Molina! 


Cada un de nós tivo a oportunidade de facer as preguntas que considerou oportunas e eles contestaron de moi bo grao.





Tras esta especial rolda de prensa...



 Asináronnos autógrafos...





E puidemos sacar fotos cós nosos ídolos!!!!






Ademáis, e para rematar, trouxéronnos diversos regalos, entre eles, convites para asistir ao derby deste sábado co Somozas!!!
Moitas gracias RACING!!

viernes, 13 de febrero de 2015

CHEGOU O ENTROIDO!

E este ano dedicouse á agricultura familiar! 



Como hoxe foi un día moi especial, celebrámolo con moitas actividades divertidas!

Para comezar o día, desfrutamos dun concurso que incluía dende; o tabú, "tuti fruti", xeroglifos ou xogos de mímica.






Despois de tanto xogar,  foi necesario recuperar forzas! e que mellor que a comida típica de esta época para facelo!


Unha vez rematada a comilona...velaquí os nosos traballadores!







Xa estamos listos para que todo o mundo vexa o noso traballo! así que imos desfilar!





Esperamos que desfrutárades tanto o entroido como nos!


miércoles, 7 de enero de 2015

NADAL ESPECIAL

Sen dúbida este foi un nadal especial para min. E disto son responsables, en gran medida, os meus alumnos de 6ºEP. Gracias a todos eles porque fixeron que me emocionara e que me sentise querida como nunca.
Unha vez dito isto, explicarei un pouquiño algunhas das cousas que fixemos no colexio para festexar estas datas tan entrañables. 
Pois ben, o día 19 de decembro foi unha xornada especial:

Disfrutamos xuntos dunha merendola con comida típica destas datas, abrimos os agasallos do Amigo Invisible...


Saltamos...
Bailamos...

Fotografiámonos...






Representamos unha obra de teatro que  tiñamos preparada.
Se queredes ver a obra pinchade no título da obra:  GATO ENCERRADO




E emocionámonos todos co video que me tiñades preparado, cos agasallos, coas vosas cartas, etc.





Teño que agradecedos todo o que fixéchedes  para que este último día como profesora vosa fose especial. Ademáis quero dicirvos que durante o tempo que fun a vosa titora só me limitei a facer o meu traballo como mestra, pero iso sí con moito cariño e alegro de ver que soubéchedes aprecialo e que vos chegou a todos e cada un de vós. Tamén quero aclarar, porque ese día non fun capaz con tantas emocións, que eu tamén aprendín moitísimo de vós, que para mín seguideredes sendo os meus alumn@s e como me dicíades na vosa carta os meus nenos grandes.