miércoles, 7 de enero de 2015

NADAL ESPECIAL

Sen dúbida este foi un nadal especial para min. E disto son responsables, en gran medida, os meus alumnos de 6ºEP. Gracias a todos eles porque fixeron que me emocionara e que me sentise querida como nunca.
Unha vez dito isto, explicarei un pouquiño algunhas das cousas que fixemos no colexio para festexar estas datas tan entrañables. 
Pois ben, o día 19 de decembro foi unha xornada especial:

Disfrutamos xuntos dunha merendola con comida típica destas datas, abrimos os agasallos do Amigo Invisible...


Saltamos...
Bailamos...

Fotografiámonos...






Representamos unha obra de teatro que  tiñamos preparada.
Se queredes ver a obra pinchade no título da obra:  GATO ENCERRADO




E emocionámonos todos co video que me tiñades preparado, cos agasallos, coas vosas cartas, etc.





Teño que agradecedos todo o que fixéchedes  para que este último día como profesora vosa fose especial. Ademáis quero dicirvos que durante o tempo que fun a vosa titora só me limitei a facer o meu traballo como mestra, pero iso sí con moito cariño e alegro de ver que soubéchedes aprecialo e que vos chegou a todos e cada un de vós. Tamén quero aclarar, porque ese día non fun capaz con tantas emocións, que eu tamén aprendín moitísimo de vós, que para mín seguideredes sendo os meus alumn@s e como me dicíades na vosa carta os meus nenos grandes. 


viernes, 14 de noviembre de 2014

CABAZAS E CASTAÑAS!!!



O xoves 30, no patio do colexio, e como xa é típico nesta datas, fixemos unha degustación de castañas. É unha boa excusa para disfrutar da compaña de todos os compañeiros do colexio, algúns con disfraces terroríficos....
Tamén levamos a cabo en grupo, unha serie de actividades e xogos que os profes do cole organizaron para baixar todas as castañas que previamente comemos.

Ademais, uns dias antes, e coa axuda dos pais, os alumnos que así o decidiron decoraron cabazas para expoñer  no colexio e vivir un pouco máis o Samaín. Gracias as familias por colaborar coma sempre.







Que ricas estaban as castañas!
En cada recuncho do patio podíamos ver algunha personaxe terrorífica; menos mal que estaban tranquiliñas!
E chegou o momento máis divertido da xornada... OS XOGOS!












Será necesario agardar un ano para celebrar de novo o Magosto e o Samaín, pero de seguro merecerá a pena.











miércoles, 29 de octubre de 2014

EXPOSICIÓN E OBRADOIRO DE PINTURA

O mércores 15 os alumnos de 5º e 6º curso fixemos a primeira saída cultural do curso 2014-2015. Foi ó Centro Sociocultural A fundación de Ferrol.
Alí tivemos a posibilidade de ver unha exposición composta por 52 obras, todas elas coa técnica de grabado,  dalgúns dos mestres da arte española do século XX, entre os que destacan Salvador Dalí, Pablo Picasso e Joan Miró.



Tivemos tempo de ver todas as obras, de xogar tratando de descubrir en grupo cal era o cadro do que nos deron certas pistas...






Aprendemos cales eran os útiles do grabado...

E puidemos practicar con eles.
Gubia ,tórculo, linolio... son só unha mostra dos materiais que empregamos.




O resultado foi moi satisfactorio, e a experiencia moi agradable e enriquecedora.




O linolio no que fixemos o grabado e o resultado unha vez estampado no papel.
Añadir leyenda

Mereceu a pena a pesar da cicloxénesis explosiva coa que nos topamos no camiño de volta ó colexio, non si?