domingo, 2 de junio de 2013

EXCURSIÓN A UNHA GRANXA ASTURIANA

Os alumnos do terceiro ciclo de EP do colexio Valle Inclán levaban meses contando os días que faltaban para a chegada da nosa partida en tren. Foi o 13 de maio, ás 8.10h cando o tren de FEVE comezou a súa viaxe; e xunto con él as ilusións de 37 alumnos con moita enerxía e gañas de disfrutar.

 

Tras algo máis de tres horas de viaxe chegamos a Castropol, onde os monitores nos agardaban para acompañarnos ata a Granxa Ría do Eo, o noso destino.

 Unha vez ali acomodamos as maletas nas habitacións, fixeron as camas con bastante dificultade e, aínda moi ansiosos pola aventura que estaba comezando, reuníronse cos monitores.
  Organizaráronos en grupos nos que permanecerían durante a realización dos diversos obradoiros que levarían a cabo durante a nosa estancia alí. 
Obradoiro no que realizabamos broches con fieltro


Pirogravado

Prantamos leitugas


Reciclado de papel
Practicamos o tiro con arco
A tirolina


Obradoiro de papel decorado
Tamén montamos a cabalo e fixemos unha ruta en bicicleta polo monte.


 Ademais fixemos sendeirismo ata chegar á ría do Eo, onde nos divertimos collendo cunchas e observando cangrexos. 
Foi divertidísimo!




No tempo libre xogabamos ao fútbol, baloncesto, futbolín, estabamos cos cans da granxa ou simplemente disfrutabamos da compañía dos outros.









Ao chegar a noite, reuníamonos para xogar, facer bromas e para rematar bailando na discoteca na que se convertía a nave dos obradoiros.



Aos rapaces de
6º dáballes unha pouca de vergoña bailar pero tamén disfrutaban a súa forma, o caso era pasalo ben!

Pero os tres días pasaron moi rápido e chegou o momento de recoller as maletas e coller de volta o tren que nos levaría de novo a Ferrol. Sen embargo, nas nosas mentes todavía están os momentos agradables e anécdotas que vivimos todos xuntos alí. Cando é a próxima excursión?

Aquí podedes ver OUTRAS MOITAS FOTOS DA EXCURSIÓN

domingo, 7 de abril de 2013

VISITA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL.

Moi preto do noso cole, na Plaza de Canido, podemos atopar un dos museos máis importantes de Europa sobre a Historia Natural. Asi pois organizamos unha saída para poder visitalo o venres 5 de abril.

Está na coñecida "Casa del Coronel" e enterámonos de que conta con algúns exemplares que son únicos no mundo.Conta cunha das coleccións de cetáceos do atlántico norte máis completas de Europa, con especies moi pouco frecuentes ou en perigro de extinción como a balea Franca, así como a colección de cetáceos fósiles máis importantes do mundo.

Chamounos moito a atención este calamar xigante que mide uns 8 metros a pesar de ser aínda unha cría.


Vimos este impresionante exemplar de tiburón anguila









Puidemos ver a sala de bioloxía terrestre na que había o esqueleto dunha pitón,de lagartos cráneos de mamíferos e aves










Peles de distintos animais: focas, teixugos...






Distintos restos procedentes de animais terrestres (feces, pegadas na terra...) que nos aportan moitísima información sobre eles.


E tamén puidemos ver fósiles vexetais



Foi unha xornada na que aprendimos moitísimas curiosidades sobre animais e plantas a través da observación dos seus fósiles e gracias ás explicacións dunha persoa  moi entendido no tema, que nos permitíu incluso tocar algúns dos fósiles.

Se queredes ver algunha foto máis do museo pinchade aquí.