Os alumnos do terceiro ciclo de EP do colexio Valle Inclán levaban meses contando os días que faltaban para a chegada da nosa partida en tren. Foi o 13 de maio, ás 8.10h cando o tren de FEVE comezou a súa viaxe; e xunto con él as ilusións de 37 alumnos con moita enerxía e gañas de disfrutar.
Tras algo máis de tres horas de viaxe chegamos a Castropol, onde os monitores nos agardaban para acompañarnos ata a Granxa Ría do Eo, o noso destino.
Organizaráronos en grupos nos que permanecerían durante a realización dos diversos obradoiros que levarían a cabo durante a nosa estancia alí.
Obradoiro no que realizabamos broches con fieltro |
Pirogravado |
Prantamos leitugas |
Reciclado de papel |
Practicamos o tiro con arco |
A tirolina |
Obradoiro de papel decorado |
Ademais fixemos sendeirismo ata chegar á ría do Eo, onde nos divertimos collendo cunchas e observando cangrexos.
No tempo libre xogabamos ao fútbol, baloncesto, futbolín, estabamos cos cans da granxa ou simplemente disfrutabamos da compañía dos outros.
Ao chegar a noite, reuníamonos para xogar, facer bromas e para rematar bailando na discoteca na que se convertía a nave dos obradoiros.
Aos rapaces de
Pero os tres días pasaron moi rápido e chegou o momento de recoller as maletas e coller de volta o tren que nos levaría de novo a Ferrol. Sen embargo, nas nosas mentes todavía están os momentos agradables e anécdotas que vivimos todos xuntos alí. Cando é a próxima excursión?
Aquí podedes ver OUTRAS MOITAS FOTOS DA EXCURSIÓN
De Cris y Lidia : nos encanto la excursion ,nos lo pasamos muy bien las veladas eran muy divertidas y en ladisco lo pasamos muy bien aunque acababamos cansadas,la actividad que mas nos gusto fue la tirolina.
ResponderEliminarpaula y silvi - lo pasamos genial fue la mejor excursion el mejor monitor con mucha diferencia fue yago
ResponderEliminar