Mostrando entradas con la etiqueta concerto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta concerto. Mostrar todas las entradas

miércoles, 18 de abril de 2012

MÚSICA MAESTRO !



Hoxe foi unha mañá especial para os nosos alumnos/as do segundo e terceiro ciclo de primaria. Fomos invitados a asistir a un concerto no conservatorio de música de Ferrol. Asi que ali fomos.

Agardabamos ansiosos o comezo do concerto.
                                           
                   Trompeta, trompa, frauta, clarinete, óboe, fagot, tuba, trombón, saxofón, batería... son algúns dos instrumentos que puidemos ver.













O concertín fixo que os músicos afinasen os seus intrumentos, e despois da chegada do director comezou a soar a primeira peza: "o mundo pequeno é".
Presentáronos todos os instrumentos e a familia á que pertencían e puidemos escoitar estas pezas entre outras: cos clarinetes, Caillou e Ai si eu te pego. Co saxofón, a banda sonora da Guerra das galaxias e a Pantera Rosa. Con tódolos instrumentos xuntos, a de Pocahontas e a melodía de El señor de los anillos.



                                Ademais, soaron as melodías do Inspector Gadget, os picapedra...
Intre no que o Inspector Gadget estaba a comprobar que todo marchaba ben.





 As nosas expectativas sobre o concerto foron máis que superadas, posto que ademáis de aprender moito sobre os instrumentos pasámolo moi ben. Asi que non nos queda máis que agradecerlles ós músicos da banda infantil, que nos deleitasen coa súa música e agardamos que lles chegase a nosa admiración por medio dos aplausos que recibiron pola nosa parte.