MURAIS QUE FIXERON OS ALUMNOS DE 5º |
Xa hai un tempo que no colexio nos preguntamos que podiamos facer para visibilizar o papel que sempre tiveron as mulleres na sociedade e así apoiar a loita pola igualdade da muller.
Pois ben, este ano plantexámolo do seguinte xeito:
"Lembraremos ás mulleres que ao longo da historia pintaron moito" , Así pois, enmarcadas dentro dun proxecto levado a cabo dende a biblioteca do cole ("Elas sempre pintan moito") levamos a cabo varias actividades relacionadas co libro de Ángeles Caso “Ellas mismas”. Seleccionamos 6 pintoras e acontinuación recreamos algúns dos seus autorretratos. Mostrámosvos parte deste traballo:
1. Candela Souto Estévez, alumna de 5º de EP, recrea o retrato de Majura Mallo feito por Tamara de Lempicka . Tanto nesta coma no resto dos traballos dos autorretratos son os propios alumnos os que se encargan de preparar o vestiario, os fondos e tamén de filmar e fotografiar.
2. Zoe, da clase de 6º, recrea un retrato de Frida Kahlo feito por Lita Cabellut
3. Gala, alumna de 3º curso de EP, recrea outro autorretrato de Frida Khalo, para o que varias compañeiras elaboraron o colorido marco.
4. André, alumno de 6º, representa un retrato de ELLEN DAY HALE, para o que varias alumnas de 5º elaboraron un fondo moi similar ao do cadro orixinal.
5. Tamén incluímos un retrato de Lita Cabellut, realizado por Eduardo Blanco recreado por Candela Pita de 1º ESO
6. Nos podiamos esquecer a estoutras pintoras galegas: Carmen Corredoira e Elvira Santiso, interpretada por Clara Grela de 5º curso de primaria.
Estes son os preparativos....
Alumnas de 1º de ESO fixeron o fondo a pastel no que se pode distinguir a Catedral de Santiago
E este o resultado final...
7. Todo este traballo quedou reflectivo nun kamishibai que se está a representar na biblioteca.
8. E como non, todas as mulleres que dende hai miles de anos pintaron nas covas foron representadas por os nosos entrañables cavernícolas de infantil
8. E como non, todas as mulleres que dende hai miles de anos pintaron nas covas foron representadas por os nosos entrañables cavernícolas de infantil
9. Fixemos vídeos de todas as recreacións...
9. Os nosos alumnos de 5ºfixeron poesías adicadas a algunhas destas pintoras:
MARUJA MALLO
No mundo máxico de Maruja Mallo
todo é posible.
Có seu amigo Salvador Dalí
faise máis visible.
Metade anxo, metado marisco,
artista e muller sin prexuizos.
Era galega,
muller independente
non lle importaba
o que dixera a xente.
Foi ilustradora en revista,
e pintora subrealista.
resumindo, foi moi boa artista.
ELVIRA SANTISO
A catedral de Santiago
agochada no teu autorretrato.
O teu corpo enxoiado
e o teu cabelo ondulado.
Os teus brazos larguiruchos
e o teu corpo flacucho.
Esa muller tan independente
era unha gran referente.
Esa muller tan creadora
era boa pintora.
O ser boa comunicadora,
facíalle ser mellor profesora.
9. Ademáis do traballo relacionada coas pintoras, os alumnos de 5º e 6º de EP fixemos un kamishibai sobre as protagonistas dun libro chamado "Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes" onde aparecen as biografías de moitas mulleres cun papel destacado pero descoñecidas para moitos.
Este é só parte do traballo que os alumnos de 5º levaron a cabo para traballar o día da muller e así colaborar co proxecto "Elas sempre pintan moito" pero non só os nenos de 5º participaron nel, senón tamén outras clases.
Grazas ás cabezas pensantes deste proxecto, Elena e Eva. Grazas por permitirnos e animarnos a participar; sodes as responsables de que aprendéramos tanto.
E como non, gracias ás familias pola súa colaboración á hora de preparar o vestiario, permitirnos facer públicas todas as imaxes e animarnos a continuar traballando. Este é un claro exemplo de que traballando xuntos traballamos mellor e podemos conseguir o que nos propoñamos.
Pola nosa parte, disfrutamos moito co traballo que fixemos e ademais aprendemos moito, asi que seguiremos traballando neste e noutros proxectos.