Este curso os alumnos do terceiro ciclo e as súas titoras, fomos de excursión a Manzaneda. A pesar do que poida parecer na foto, a idea non era ir a esquiar pero sí disfrutar doutros deportes e actividades no exterior e outras, tamén moi divertidas, no interior.
Unha vez alí, a neve sorprendeunos a todos, pero non chegou a diminuir as nosas ganas de disfrutar das distintas actividades que nos propuxeron; asi como da compañía dos compañeiros. Desta forma tivemos a posibilidade de fortalecer, aínda máis a nosa amistad e compañeirismo.
Xa na parada que fixemos no camiño de ida, compartimos xogos e moitas risas.
Vaia subidón de adrenalina experimentamos nos karts!
E tamén o primeiro día tivemos puidemos montar a cabalo. Tanto o branco coma o negro foron moi pacientes con nós, posto que a maioría non sabíamos montar e tiñamos un pouco de medo.
Outra das actividades que máis nos gustou foi a escalada, a pesar de que debido ás malas condicións metereolóxicas puidemos practicar pouco tempo e só en horizontal (travesía). Sen embargo, foi sufiente para conseguir algunhas nocións e para aprender a facer algúns nudos básicos dos que se empregan na escalada. Resultou moi interesante.
Participamos tamén noutra actividade exterior na que poñíamos en práctica a nosa orientación. Tiñamos que buscar os lugares representados nunha serie de fotos que nos proporcionaron previamente. Desta forma, coñecemos un pouco máis o entorno e divertímonos en grupo.
Pero ademáis, fixemos outras actividades de interior, que non foron menos divertidas.
Para entrar en calor, que mellor que un baño na piscina climatizada. Era a primeira vez que coincidíamos todos nunha piscina. Os xogos e as risas das que experimentamos aquí fixeron que esta fora a actividade que máis lle gustou a gran parte dos nosos alumnos, segundo as enquisas que fixemos á volta.
Ademaís un pequeno obradoiro de primeiros auxilios permitiunos adquirir as principais nocións sobre o masaxe cardíaco, distintas técnicas de rescate a feridos na neve, como inmovilizar temporalmente unha extremidade ata que unha persoa reciba atención médica... Agardo que non se nos esqueza nada porque disto pode depender a vida dunha persoa.
Pero a pesar do cansos que estaban ao rematar o día, todavía tiñan forzas suficientes para tratar de facer festas nas habitacións. Resistíanse a durmir!
E como tiñan ganas de festa, a gastar enerxía na discoteca!
Festa rachada!
Estas fotos son a proba de que as baixas temperaturas non foron quen de evitar que disfrutásemos ao máximo de todas e cada unhas das actividades que levamos a cabo. Non si?
E a maioría está contando os días ata a próxima excursión.
Se queredes ver moitas máis fotos desta excursión pinchade aquí:
MANZANEDA