Hoxe, 22 de marzo conmemórase o Día Mudial da Auga. Asi pois, consideramos que este é un bó momento para reflexionar cos meus alumn@s sobre as prácticas responsables que faciliten o ahorro da auga. Ademáis, en Coñecemento do Medio estamos a dar o tema de "As augas do planeta" e este curso o centro de interés de todas as actividades é a AUGA (posto que o 2013 foi o ano internacional de cooperación na esfera da auga) .
Por todo isto, na aula comentamos una serie de aspectos, algúns xa coñecidos polos alumnos e outros non:
* O noso planeta coñécese co nome de Planteta azul. Isto é así porque vista dende o espacio está dominada polo azul da auga: polo blanco das nubes e polo xeo dos polos.
* Cada ano caen do ceo uns 930 litros de agua por metro cadrado de superficie terrestre.
* Máis do 96 % da auga do noso planeta está no océanos.
* En Galicia a enerxía hidraúlica ten unha notable importancia e existen 38 grandes centrais que poden chegar a xerar ata a cuarta parte da enerxía producida na nosa comunidade.
* A nosa masa cerebral oscila entre 1,2 e 1,4 kilos, dos que un 84% corresponden ao auga que conten.
* As nosas neuronas pasaríano moi mal sen auga, sen ela non podemos pensar, nin realizar ningunha das funcións vitais posto que os texidos do corpo humano conteñen auga nalgunha proporción e todas as nosas células a necesitan.
* No mundo vien hoxe 780 millóns de persoas que non teñen acceso a un auga libre de riscos de infección e son 2.500 millóns de personas as que non dispoñen de saneamento ambiental.
Por todo isto e por moitos motivos máis, non credes que todos temos a responsabilidade de coidar deste ben tan preciado?
Non perdades a oportunidade de visitar este interesante programa educativo sobre a auga:
LA WEB DEL AGUA
LA WEB DEL AGUA