martes, 14 de enero de 2014



Como xa sabedes, no Valle Inclán 1 gústanos moito realizar saídas nas que poidamos aprender e poñer en práctica os nosos coñecementos.  Asi pois, e para iniciar con bó pé o trimestre, os alumnos do 3º ciclo faremos unhas destas saídas o venres 17.

Onde iremos?




 CENTRO SOCIAL FUNDACIÓN NOVACAIXAGALICIA



E alí presenciaremos unha obra de teatro en inglés chamada
                         TIME TRAVELLERS.


Queredes saber de que trata?

Pois ben, Liz é unha rapaza  que pode viaxar no tempo. No seu
percorrido a través dos séculos axudará a famosos personaxes
da historia, mais alguén a está seguindo… Acompañarémola nas
súas aventuras ao longo de máis de cinco mil anos de historia e
coñeceremos os personaxes que fixeron do mundo o que é
hoxe en día, desde exploradores e artistas ata heroes e inventores.
Esta obra entretida versa sobre o pasado e todo o que nos
pode mostrar.

E para facernos partícipes desta obra a nosa profe de Inglés, María, traballará con nos algúns dos contidos que aparecen na obra.

Xa estamos desexando que chegue o venres, non si?







2 comentarios:

  1. que pena que no pudiésemos haber ido al teatro estaba super ilusinada con ir a ver esa obra pero bueno que le vamos a hacer se ouso enfermo y ya esta no se le puede hacer nada
    ojala que podamos ir otro dia
    hasta el viernes

    ResponderEliminar
  2. Hola Fabiola,me ha parecido muy bien que pudiéramos cambiar una obra.

    ...........BESOS Y ABRAZOS

    ResponderEliminar