lunes, 18 de noviembre de 2013

TEATRO PARA CELEBRAR O DÍA DA INFANCIA

 O 20 DE NOVEMBRO CELÉBRASE O DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA posto que neste día do ano 1959 a Asamblea de Naciones Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos da Infancia.

Os alumnos do terceiro ciclo, para conmemorar este día, asistiremos ao Jofre onde presenciaremos a obra de teatro "Endereitados"; promovida polo concello xunto coa organización internacional Unicef.
Ademais, na clase traballaranse unhas unidades didácticas relacionadas con este tema.
O obxectivo desta actividade é axudar a que os nenos tomen conciencia dos seus dereitos; así como contribuir á sensibilización da cidadanía sobre os problemas que existen no mundo

miércoles, 13 de noviembre de 2013

PARTIPAMOS NUNHAS XORNADAS DE CINE...

O martes día 12, os alumnos do 3º ciclo, deixamos aparcados unhas horas os libros para ir  ao Teatro Jofre . Alí participamos nunhas xornadas de cine Infantil en Educación e Valores, promovidas pola Fundación Lumièr. O obxectivo desta actividade extraescolar é empregar o cine como ferramenta para formar aos nenos nunha serie de valores que lles resultarán moi importantes no seu crecemento.
Antes da proxección, unha monitora fixo unha breve introdución sobre a película, e ao finalizar levouse a cabo un pequeno debate no que participamos todos os colexios que estabamos presentes.

A película emocionou a maoiría dos asistentes á proxección e fíxonos tomar conciencia de valores como a amistade,  superación, integración e tolerancia. 



Creo que mereceu a pena, non si?

sábado, 2 de noviembre de 2013

O MAGOSTO E O SAMAÍN CHEGA Ó VALLE INCLÁN






Pincha no seguinte enlace:



O mércores 30 celebramos no colexio o Magosto e o Samaín.
As paredes do centro xa anticipaban dende os días anteriores, estas celebracións.
















Na realización dos distintos decorados  participaron todos os nenos e nenas de EP
























Fixemos unha exposición de cabazas que os nenos fixeron nas súas casas coa axuda dos seus pais e nais.







 

 Chegou o momento máis agardado da xornada, a desgustación de castañas asadas. Deliciosas!
 





Despois de repoñer forzas, aproveitamos esta mañá soleada, levando a cabo distintos xogos no patio exterior do colexio. Unha boa excusa para fomentar a participación, o compañeirismo, a aceptación de normas, cooperación, etc.










Resumindo, disfrutamos moitísimo de todos as actividades e de seguro que, coma todos os días, aprendemos algo novo.




miércoles, 16 de octubre de 2013

EN LANCHA POLA RÍA DE FERROL

Un dos obxectivos que nos propoñemos no colexio Valle Inclán 1, é coñecer un pouco máis o noso entorno. E por iso organizamos unha saída moi especial: un paseo en lancha pola Ría de Ferrol.


O venres día 11, os alumnos de 3º ciclo de  EP saímos do colexio para ir andando ata o porto de Curuxeiras, onde colleriamos a lancha.









Trátase da lancha, que todos os adultos de Ferrol ou proximidades, temos na nosa memoria, e que incluso temos utilizado para ir ata Mugardos. Sen embargo, para moitos dos nosos alumnos era descoñecida e na actualidade só funciona con regularidade nos meses de verán, principalmente como reclamo turístico.



Tivemos que agardar un pouco a que comezara a travesía, e mentres a profesora Maika falounos un pouco da nosa ría, da súa importancia e dalgunhas das cousas que poderiamos ver durante o traxecto en lancha. Calquer momento é bó para aprender!



Que puidemos aprender sobre a nosa ría?

A ría de Ferrol, donde desemboca o río Xuvia, sitúase entre os cabos Prioriño e Sagño, protexida dos ventos e temporais polos montes Ventoso e Faro. Xunto ás rías de Coruña, Betanzos e Ares, conforman o golfo Ártabro.
A súa situación, na parte septentrional dunha amplia ensenada, frente ó océano Atlántico, fan que a cidade goce un clima oceánico, con temperaturas suaves durante todo o ano e precipitacións frecuentes.
Ferrol desempeñou un papel importante na Historia de España posto que se convirteu  no porto militar máis importante da península durante séculos.




En Ferrol, tiveron lugar numerosas batallas navais e incluso algún desembarco promovido polos exércitos ingleses 
O porto de Ferrol xoga un importante papel na economía ferrolana. Tanto na dársena interior como a exterior, dase un importante movemento de mercancías, destacando a importanción de carbón para Endesa, de gas para a planta de Reganosa e de madeira para varias empresas. O porto exterior dispón de unha das maiores terminais de contenedores de Galicia. 

Pero isto é só unha pequena parte de todo o que aprendimos.


Esta é unha pequena mostra das fotos que quitamos