domingo, 13 de mayo de 2012

OLIMPIADA ESCOLAR

Dado que este ano vanse celebrar en Londres as XXX Olimpiadas, pensamos que nós tamén debiamos facer algunha actividade relacionada cos xogos olímpicos; asi que o venres 22 de maio celebramos no colexio a nosa primeira Olimpiada Escolar.

Todos os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria, xunto cos profes, reuníronse nos patios exteriores do colexio. Ali agardábanos a mascota, Olimpiña, realizada polos nenos de Infantil para amenizar o evento.

Realizáronse distintos grupos mixtos nos que había alumnos/as de todos os cursos, e asi, en equipo levaron a cabo distintas actividades: lanzamento de pesas, circuitos de obstáculos, etc. 

Estes son os grupos e son seus integrantes















E dado que o lema era "con Olimpiña gañamos todos", había unha medalla para cada un dos participantes; é dicir, para os 176 nenos e nenas de Infantil e Primaria, asi como un diploma para o grupo gañador da proba. 





Desta forma, sen a penas darse conta estábase fomentando a participación de todos os nenos/as, a cooperación, o deportivismo, o espíritu democrático, etc.



Asi que, mereceu a pena, non credes?















2 comentarios:

  1. comojo:el equipo en el que estaba ganamos la carrera de obstaculos y nos dieron la medalla como atodos y un diploma menos a clara que no bino

    ResponderEliminar
  2. yo me lo pasé muy bien pero me parecieron muy pocos juegos

    ResponderEliminar