Hoxe os alumnos/as de primaria co Colexio Valle Inclán 1, puideron disfrutar dunha xornada de educación vial totalmente distinta. A actividade introducímola onte cunha sesión teórica a cargo dun exciclista profesional, o que nos explicou nocións básicas de ciclismo (por onde se circula coa bici; como se señaliza cando imos en ela, os principais perigos dos ciclistas na estrada) e achegounos un pouco máis ó ciclismo profesional (coñecemos a súa forma de vida, o tipo de alimentación que deben levar, en que consisten os entrenamentos, cales son os premios, etc.). En resumo, aprendimos moitísimo sobre este deporte.
A actividade continuaba hoxe, pero esta vez era una sesión práctica; polo que todos/as estaban moi ansiosos/os.
Os alumnos e alumnas de segundo e terceiro ciclo de primaria, montaron nas biciclicletas, protexidos con cascos, e realizaron gymkhanas no patio do colexio para aprender a dominar a bicleta. Sortear obstáculos, carreira-lenta, aprender a dominar os frenos, etc.
Pero non só isto, senon que un equipo da TVG, do programa de "A Revista" acudeu ó colexio para filmar en directo dita actividade. Asi que estaban todos/as doblemente nerviosos.
A xornada sóubonos a pouco, e ó rematar a actividade, os alumnos e alumnas de 5º demandaban que non finalizase todavía porque querían seguir partipando nela. Noutra ocasión será, e esperamos que o tempo nos acompañe máis que esta vez.
Por outra parte, desta sesión de ciclismo serán seleccionados varios alumnos/as para que o 31 de agosto, día no que chega a Ferrol a volta ciclista a España, participen nunha Volta Junior. Ésta consistirá nun percorrido de dous kilómetros polo tramo final da Volta a España, que lles dará dereito a agardar ós ciclistas profesionais nunha zona especial que lles permitirá disfrutar deste acontecemento ó máximo.
Por todo isto, hoxe foi un dia grande, non credes?
Se queredes ver o programa no que se retransmitíu en directo esta actividade, fai
click aquí.