domingo, 26 de febrero de 2012

ENTROIDO 2012

Este ano a temática dos disfraces está relacionado co mundo do cine; cada clase elixiu o seu disfraz pensando nunha película ou nun xénero de películas. Asi que, polo cole pasaron pingüinos, piratas, dálmatas, Harry Potters, indios e vaqueiros.

Os alumnos e alumnas de 5º curso de Primaria, disfrazáronse de indios e de vaqueiros. Entre estos últimos puidemos ver ó coñecido Lucky Luke.

Os indios e vaqueiros do poblado Valle Inclán 1, xa levaban un tempo preparando este encontro, que días antes todavía non sabíamos se sería pacífico ou non. E por fin chegou o  momento do encontro. Os indios coas cores nas súas meixelas e Lucky Luke coas súas pistolas, ó frente dos vaqueiros. 
Queredes ver como foi este encontro?

domingo, 12 de febrero de 2012

VISITA Ó ACUARIUM FINISTERRAE

O venres día 10 de febreiro, os alumnos e alumnas de Educación Primaria, xunto cos seus titores/as,  visitamos o Acuarium Finisterrae ou a Casa dos Peixes, como se lle coñece na Coruña. Aquí, aprendemos moitísimas cousas sobre os animais mariños e coñecimos especies das que non oíramos falar nunca.
                                           

Nestas fotos agardábamos ansiosos a poder entrar, non queríamos desperdiciar nin un só minuto.



Comezamos a visita pola sala Nautilos. Decorada ó estilo do Gabinete do Capitán Nemo no Submarino Nautilos, é unha sala de observación que está inmersa nunha gran piscina de 4.4 millóns de litros de auga, nas que nadan moitas especies distintas de peixes.





Cales chamaron máis a nosa atencion? Gastón, un Tiburón Toro macho, de 2.5 metros de largo, e uns 120 kg. de peso. O seu enorme tamaño, comparado cos outros tiburóns do acuario, débese a que  acuario do que procede, o de Brest (Bretaña), ten unhas augas máis cálidas; polo que se alimentaba máis e con máis frecuencia, e polo tanto medrou moitísimo duante a súa estancia ali.
Dende que chegou a augas galegas está acompañada de Hermosa, unha hembra da mesma especie que ten un tamaño moito inferior, ó estar sempre en augas frías.


Este é Gastón
                                                         


Tamén hai varios exemplares de musolas, que son tiburóns que podemos atopar nas nosas augas; ademais de rodaballos, meros, ollomoles, etc.
Rodaballo camuflado na area
Rodaballo


Mero

Cabracho


Na zona central da sala, podemos observar varios obxectos relacionados co mar como restos de barcos afundidos.



A continuación pasamos á sala Maremagnum. Trátase da sala máis grande do acuario, que contén máis de 600 especies distintas. É unha sala de exposicións interactiva sobre o Océano Atlántico.

Puidemos ver melgachos ou quintarrojas, que pertencen á especie dos tiburóns gato, que non teñen espiñas, pero sí cartílagos. Aprendimos tamén que teñen unhas escamas distintas, chamadas dentículos térmicos. Puidemos tocar a pel dun exemplar morto e chamounos a atención o áspera que era, por iso entendemos que antiguamente a empregaran para lixar.
melgacho




alumnos tocando a pel do melgacho
A monitora, ensinounos moitísmas cousas que nos deixou a todos abraidos:
Aprendemos  que forma de reproducción teñen os tiburóns e vimos algúns dos seus ovos. Por exemplo, os do melgacho son petacas ou bolsitos de sirena, que tardan en nacer de 7 a 9 meses. Os de tiburón teñen zarzillos para engancharse ás algas ou rocas. Os dos tiburóns das costas de Australia son moi curiosos, posto que teñen forma de cono, para meterse entre as rochas e que así non os poida arrastrar a corriente.

ovo de tiburón das costas australianas
ovos de melgacho

Boca de pez guitarra
reproducción dun dente de Megalodón (tiburón da época dos dinosaurios)




Puidemos ver cabaliños de mar; son fascinantes.

Pincha aquí se queres ver un video sobre os cabaliños do mar.


    E varias estrelas de mar.




Que curioso onde viven as cigalas



Tivemos tempo de conducir un barquiño...







                                       E que me dicides das medusas? É fascinante ver como nadan





Nesta sala tamén había unha exposición de fósiles mariños.



                                                             
Ademais hai cinco acuarios de gran volumen separados por gradas do resto da sala, e cada un deles representa un ambiente diferente da costa galega, e neles podemos ver raias, morenas, congrios, peixes-sapo, meros, cabrachos, polvos, etc. 




  



Nunha vitrana que había pouco despois de pasar a entrada da sala, había un animal moi curioso, lembrades como se chamaba?




Pois ben, son axolotes. Son anfibios que conservan durante toda a vída o seu estadio larvario.



Por último, saímos ó exterior. Alí as piscinas están conectadas co Océano Atlántico e están diseñadas cun sistema que as fai sensibles ás mareas, para que os animais que viven nelas teñan condicións similares ás especies que viven en liberdade.
Ademais de poder disfrutar do día soleado, tomar a merenda e quitar fotos, puidemos ver como alimentaban ás focas. 


Se queredes podedes ver un video sobre como alimentan ás focas 

Que vos pareceu a visita ó acuario? 
Espero que a todos vos resultara tan interesante como a mín e que aprendérades moitísimas cousas.