lunes, 30 de enero de 2012

DÍA DA PAZ

Realizada por alumnos/as do 1º ciclo

O día da paz aproximávase e na nosa cabeza varias ideas daban voltas e máis voltas. Ó final, decidimos que dado que o obxectivo principal era concienciar ós nosos alumnos/as sobre a importancia da paz; o ideal sería disfrutar todos xuntos dun intre de alegría e diversión, librando da nosa mente as malas ideas e intencións. Como? A través dunha canción.
Puxémonos mans á obra, e cada titor preparouna cos seus alumnos/as.
Se queredes podedes ver un ensaio dos alumnos de 5º.




Chegou o día 30 de xaneiro e por tanto, o momento de xuntar ós alumnos/as das distintas aulas para compartir unha canción, un baile, e en definitiva unha mensaxe preciosa: "amor para todo el mundo", como di o título da canción,





martes, 24 de enero de 2012

CONTACTO COA NATUREZA: EXCURSIÓN A PEDROSO

O pasado día 13, os nenos e nenas de Educación Primaria, xunto cos seus titores/as fomos de excursión á área recreativa de Pedroso. As baixas temperaturas rexistradas á beira do rio Xuvia, non nos impediron disfrutar do entorno natural.
Os alumnos de 5º e 6º comezamos facendo unha ruta para coñecer os tres muíños que hai nas proximidades: muíño de Chao, muíño de Gradaílle e muiño de Entrerríos.
Muiño de Chao
Muiño de Gradaille

   
Muíño de Entrerríos











 












 

                                                                                   



Polo camiño, o noso guía, Damián, fíxonos tomar conciencia de moitos aspectos que de non ser por el pasaríanos desapercibidos: as pegadas dun xabarín, o rastro que un golpe macho deixou para marcar o territorio, o carreiro que fixo un xabarín ó baixar do monte...


Tamén nos axudou a identificar distintas especies arbóreas.
 



  

Despois de merendar na área recreativa, os alumnos/as do último ciclo, participaron nun xogo en grupo. Debían permanecer agarrados das mans mentres buscaban no entorno pistas que lles permitían avanzar nun taboeiro.



                                   

E xa para rematar, entramos no muíño de Chao e alí observamos grans de distintos cereais, peneiramos mentres nos quentábamos ó carón da lareira e por último  observamos as distintas partes do muíño.



Tócavos darnos a opinión sobre a excursión:
que vos pareceu?, como o pasáchedes?, aprendíchedes moito? repetiríades esta visita noutra estación para ver as difencias que se producen no entorno (nas árbores, a fauna, o caudal do río...)?