Xa sopra o vento
¡chegou o momento!
Cun amplo sorriso
Regaña o ourizo
Ven Santos chuvioso
Con moitos magostos
¡As ricas castañas
quentiñas asadas!
A castaña é un froito rico en vitaminas, mesmo asada non perde a súa riqueza en vitamina C, ten mais cantidade desta vitamina que a maioría de froitas e verduras. Tamén é rica en potasio, ferro, manganeso, iodo, cobre, fósforo e calcio.
Pueden comerse prepararadas de
moitas formas e actualmente expórtanse a moitos países.
O magosto é unha das festas más típicas de Galicia, pero tamén se celebra noutros lugares, como no Bierzo, na provincia de León. Nesta festa os elementos principais son as castañas e o lume.
No colexio, tódolos anos celebramos o Magosto, disfrutando cos compañeiros dunha merenda outonal a base de castañas asadas; que delicia!
E despois da merendola, a xogar!
Días antes, os alumnos elaboraron comecastañas para xogar a ver que clase de cada ciclo era quen de meter nelas un maior número de castañas. E adiviñades que grupo foi o gañador do terceiro ciclo? Pois ben, a nosa clase, a de sexto. Pero isto é unha anécdota, quedámonos co que disfrutamos todos xuntos.
Ademais cada un dos alumnos levaba unha medalla decorada por él mesmo. Estas son todas as medallas de sexto curso.
E ao final da xornada un repartiuse un diploma para cada aula.
VIVA O MAGOSTO!
Se queredes ver máis fotos pinchade aquí:
MAGOSTO