martes, 14 de febrero de 2017

NOVA ACTIVIDADE PROGRAMA TEI

O pasado venres, día 10, os alumnos de 3º e 5º reuníronse na biblioteca do colexio. Ali, os alumnos/as  comentáronnos que en xeral estaban resultando efectivas as intervencións dos titores na resolución de conflictos; asi que os animamos a continuar co programa. E para iso consideramos que é necesario que se coñezan un pouco máis e que cada vez teñan máis empatía entre eles. Por iso lles propuxemos que xogasen a algúns xogos que hai na biblioteca; e como non, aceptaron encantados...
























Ao finalizar a xuntanza comentamos que proximamente realizaremos outra para levar a cabo unha actividade totalmente distinta e xa están preguntando cando será....

domingo, 29 de enero de 2017

INICIAMOS O PROGRAMA TEI

Xaneiro foi o mes elixido para comezar con novos proxectos pero aos que xa levabamos uns meses adicándolle parte do noso tempo e esforzo. Trátase do programa TEI de convivencia; orientado a mellorar a integración escolar e traballar por unha escola inclusiva e non violenta. 
E en que consiste? Pois ben, básase na tutorización emocional entre os alumnos de 5º e os de 3º EP, actuando desde a prevención, sobre os primeiros síntomas, e xerando un entorno de tolerancia cero. 
 Os centros que xa  aplicaron este programa din que serve tamén para desenvolver a empatía, o compromiso, a integración e o vínculo do grupo clase.
Nas seguintes  fotos vemos o momento no que reunimos na biblioteca ás clases de 3º e 5º de EP para presentarlles a cada alumno/a de 3º o seu titor/a de 5º á vez que se lles facía entrega do seu carné de titor.

De seguro que este será o inicio dun vínculo que se reforzará co paso do tempo





Despois das presentacións oficiais chegou o momento de coñecerse máis, asi que tutor e tutorizado reuníanse para cubrir cadanseu cuestionario sobre o compañeiro e para facer uns pasatempos xuntos.




 Resultou unha mañá de venres moi divertida e este só era o inicio, o asunto promete...
Máis adiante xuntarémonos de novo para facer máis actividades xuntos e que se vaian coñecendo un pouco máis. Mentres tanto os alumnos de 3º saben que teñen moi preto un compañeiro/a de 5º para axudarlles a solucionar satisfactoriamente conflictos do día a día.


Os alumnos/as de 3º EP posan con seus titores de 5ºEP na biblioteca

martes, 10 de mayo de 2016

ACTIVIDADES RELACIONADAS COAS MENINAS E CO BARRIO DE CANIDO

Seguimos a facer diversas actividades relacionadas coas Meninas nas distintas materias. Queredes ver o resultado dalgunhas?

Así de bonitas lles quedaron aos nosos pequenos artistas as casas do barrio de Canido, todas elas adornadas con Meninas




Pero queredes ver todo o proceso?  
           










 A seguinte actividade serviu para profundizar un pouco máis na vestimenta das mulleres da época das Meninas. Chamámoslle MARIQUITASMENINA
O que máis lles chamou a atención foi o bastidor que empregaban para dar volume  e forma á roupa.





 Ademáis de resultar moi entretidas e divertidas, sempre aprenden moitísimo de todas as actividades que levamos a cabo.
Cal será a próxima que lles propoñamos? manterémosvos informados.


E para que poidades revisar outras actividades que fixemos no cole dende o principio do curso e que están incluídas no PROXECTO TERRA, deixámosvos os seguintes enlaces:

ED. INFANTIL VISITA CANIDO
ED. INFANTIL. ENTROIDO: VELAZQUEZ

RUTA DAS MENINAS. 1º EP
3º E 4º VISITAN CANIDO
5º E 6º FAN A RUTA DAS MENINAS 
MENINAS DE VELAZQUEZ ... Y MÁS
ENTROIDO DE MENINAS
OPA CANIDO: ENTROIDO 2016
ALBUM MENINAS CANIDO
MURAIS, MONICREQUES, VIDEOS, RECORTABRES... SOBRE AS MENINAS
MENINACASA- CASAMENINA
SEMANA DA PRENSA: ENQUISA A EDUARDO HERMIDA
VISITA DE EDUARDO HERMIDA
CANIDO E AS MENINAS NO CONTO VIAXEIRO
CÁMARA ESCURA
FACEMOS MOITAS MENINAS 
COÑECEMOS O BARRIO DE CANIDO







miércoles, 27 de abril de 2016

XORNADA DE REMO

O día 26 os alumnos de 5º e 6º curso de EP xunto coas súas titoras, visitamos o club de remo San Felipe.


Alí puidemos coñecer as súas instalacións, as embarcacións que empregan...
A nosa alumna e compañeira Clara fíxonos una demostración de como se rema  nunha embarcación deste tipo.
Ademais, tivemos a oportunidade de remar nuns simuladores de remo ou ergómetros 














Fixemos varias competicións para poñernos na pel dos remeiros e remeiras que practican este deporte olímpico, e o gañador recibíu unha camiseta que non quitou en toda a mañá.

 De volta ás clases, todos estabamos un pouco cansos e incluso con maniotas pero a verdade e que mereceu a pena, non si?