sábado, 22 de marzo de 2014

22 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DA AUGA



Hoxe, 22 de marzo conmemórase o Día Mudial da Auga. Asi pois, consideramos que este é un bó momento para reflexionar cos meus alumn@s sobre as prácticas responsables que faciliten o ahorro da auga. Ademáis, en Coñecemento do Medio estamos a dar o tema de "As augas do planeta" e este curso  o centro de interés de todas as actividades é a AUGA  (posto que o 2013 foi o ano internacional de cooperación na esfera da auga) .

Por todo isto, na aula comentamos una serie de aspectos, algúns xa coñecidos polos alumnos e outros non:
* O noso planeta coñécese co nome de Planteta azul. Isto é así porque vista dende o espacio está dominada polo azul da auga: polo blanco das nubes e polo xeo dos polos.
* Cada ano caen do ceo uns 930 litros de agua por metro cadrado de superficie terrestre.
* Máis do 96 % da auga do noso planeta está no océanos.
* En Galicia a enerxía hidraúlica ten unha notable importancia e existen 38 grandes centrais que poden chegar a xerar ata a cuarta parte da enerxía producida na nosa comunidade.
* A nosa masa cerebral oscila entre 1,2 e 1,4 kilos, dos que un 84% corresponden ao auga que conten.
* As nosas neuronas pasaríano moi mal sen auga, sen ela non podemos pensar, nin realizar ningunha das funcións vitais posto que os texidos do corpo humano conteñen auga nalgunha proporción e todas as nosas células a necesitan.
* No mundo vien hoxe 780 millóns de persoas que non teñen acceso a un auga libre de riscos de infección e son 2.500 millóns de personas as que non dispoñen de saneamento ambiental.

Por todo isto e por moitos motivos máis, non credes que todos temos a responsabilidade de coidar deste ben tan preciado?

Non perdades a oportunidade de visitar este interesante programa educativo sobre a auga:
LA WEB DEL AGUA


jueves, 6 de marzo de 2014

ENTROIDO "PASADO POR AUGA"



Este foi un entroido pasado por auga, pero non só pola chuvia que practicamente non nos deixou nin un descanso; senón porque este curso o centro de interés de todas as actividades e celebracións é a auga. Isto e así porque o ano 2013 foi o ano Internacional da cooperación na esfera da agua.

Os da clase de 5º preparamos para o venres 28, os nosos traxes de neopreno e fixemos unhas táboas de surf personalizadas para tratar de coller a mellor onda...

Á DA DIVERSIÓN EN GRUPO!








Despois de tanto esforzo era imprescindible recuperar forzas, e que mellor que cos postres típicos que nos prepararon na casa para compartir cos nosos compañeir@s; gracias a todos polo voso esforzo.





.

Pero no cole tamén tivemos xardineir@s, grifos, bombeiros, medusas, cangrexos, buceadores, etc





 




 Pasámolo moi ben, pero..... e o próximo ano de que nos disfrazaremos?

miércoles, 19 de febrero de 2014

VISITA ESPECIAL: ANA ALONSO


Como dende hai algúns anos, o Valle Inclán recibiu a visita dunha escritora.


Esta vez foi Ana Alonso, unha catalana que é ademais tradutora, bióloga e profesora de secundaria. Destacou no mundillo da creación literaria por diversos libros de poemas polos que recubiu varios premiios comol Accésit del Premio Adonais (por Vidrios), Premio de Poesía Hiperión (por Atlas), Premio Ojo Crítico (por Atlas),  Premio Internacional de Poesía Antonio Machado (por Rostros), Premio Màrius Sempere (por Colores) e Premio Alfons el Magnànim (por Zapatos de cristal).

Con frecuencia escribe xunto a Javier Pelegrín e ten un blog personal no que establece un contacto vivo cos seus seguidores. 


A comezo deste trimestre cada curso de EP levou a cabo a lectura dun libro desta autora, que durante a súa visita tivemos a ocasión de comentar. A experiencia resultou moi interesante e o obxectivo que dende o colexio perseguimos con esta visita tamén; consistía en fomentar o interés pola lectura e escritura, aproximándonos un pouco máis a este mundo de maxia e fantasía.





Tivo tempo de firmarnos os libros e iso permitiunos manter  un contacto mais persoal con ela.






Gracias pola túa visita, Ana; e volve cando queiras, que estaremos encantados de recibirte.

jueves, 23 de enero de 2014

DÍA DA PAZ




A formación para a paz, a cooperación e a solidaridade é unha das finalidades que nos plantexamos no ámbito educativo. 
Esta celebración é, por tanto, unha oportunidade máis de contribuir a que os centros se convirtan en instrumentos de paz e entendimento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión. Non debemos esquecer que a escola é un reflejo da sociedade e nela pretendemos tamén educar para a vida, polo que sempre buscamos que os alumnos desenvolvan as capacidades e competencias necesarias para unha participación activa na sociedade.

E dende a clase de 5º de EP queriamos facer nesta ocasión, un especial homenaxe ao recentente falecido Nelson Mandela posto que para nós é o maior símbolo de PAZ e LIBERDADE. Ogallá existisen moitos Madibas. 





No cole tratamos de fomentar a paz durante todo o curso, este día só é unha excusa máis para tratar a importancia deste tema e polo tanto un bo momento para levar a cabo actividades conxuntas; polo que fixemos murais, reunímonos para cantar unha canción sobre a paz...


 

martes, 14 de enero de 2014



Como xa sabedes, no Valle Inclán 1 gústanos moito realizar saídas nas que poidamos aprender e poñer en práctica os nosos coñecementos.  Asi pois, e para iniciar con bó pé o trimestre, os alumnos do 3º ciclo faremos unhas destas saídas o venres 17.

Onde iremos?




 CENTRO SOCIAL FUNDACIÓN NOVACAIXAGALICIA



E alí presenciaremos unha obra de teatro en inglés chamada
                         TIME TRAVELLERS.


Queredes saber de que trata?

Pois ben, Liz é unha rapaza  que pode viaxar no tempo. No seu
percorrido a través dos séculos axudará a famosos personaxes
da historia, mais alguén a está seguindo… Acompañarémola nas
súas aventuras ao longo de máis de cinco mil anos de historia e
coñeceremos os personaxes que fixeron do mundo o que é
hoxe en día, desde exploradores e artistas ata heroes e inventores.
Esta obra entretida versa sobre o pasado e todo o que nos
pode mostrar.

E para facernos partícipes desta obra a nosa profe de Inglés, María, traballará con nos algúns dos contidos que aparecen na obra.

Xa estamos desexando que chegue o venres, non si?







domingo, 12 de enero de 2014

FESTIVAL DE NADAL

Decembro foi un mes moi axetreado: preparar os exames, decorar o colexio, ensaiar para o festival... pero mereceu a pena.







 Ao fin chegou o gran día e a pesar dos nervios quedamos satisfeitos co resultado.




Chegou o noso turno. Peluca, maquillaxe e roupa axeitada para a ocasión... todo estaba listo.


Tres, dous, un...que comece a acción









Obras de teatro, cancións, bailes, agasallos do amigo invisible, merendola cos amigos... todo resultou moi divertido.