jueves, 23 de enero de 2014
DÍA DA PAZ
A formación para a paz, a cooperación e a solidaridade é unha das finalidades que nos plantexamos no ámbito educativo.
Esta celebración é, por tanto, unha oportunidade máis de contribuir a que os centros se convirtan en instrumentos de paz e entendimento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión. Non debemos esquecer que a escola é un reflejo da sociedade e nela pretendemos tamén educar para a vida, polo que sempre buscamos que os alumnos desenvolvan as capacidades e competencias necesarias para unha participación activa na sociedade.
E dende a clase de 5º de EP queriamos facer nesta ocasión, un especial homenaxe ao recentente falecido Nelson Mandela posto que para nós é o maior símbolo de PAZ e LIBERDADE. Ogallá existisen moitos Madibas.
No cole tratamos de fomentar a paz durante todo o curso, este día só é unha excusa máis para tratar a importancia deste tema e polo tanto un bo momento para levar a cabo actividades conxuntas; polo que fixemos murais, reunímonos para cantar unha canción sobre a paz...
martes, 14 de enero de 2014
Como xa sabedes, no Valle Inclán 1 gústanos moito realizar saídas nas que poidamos aprender e poñer en práctica os nosos coñecementos. Asi pois, e para iniciar con bó pé o trimestre, os alumnos do 3º ciclo faremos unhas destas saídas o venres 17.
Onde iremos?

CENTRO SOCIAL FUNDACIÓN NOVACAIXAGALICIA
E alí presenciaremos unha obra de teatro en inglés chamada
TIME TRAVELLERS.
Queredes saber de que trata?
Pois ben, Liz é unha rapaza que pode viaxar no tempo. No seu
percorrido a través dos séculos axudará a famosos personaxes
da historia, mais alguén a está seguindo… Acompañarémola nas
súas aventuras ao longo de máis de cinco mil anos de historia e
coñeceremos os personaxes que fixeron do mundo o que é
hoxe en día, desde exploradores e artistas ata heroes e inventores.
Esta obra entretida versa sobre o pasado e todo o que nos
pode mostrar.
E para facernos partícipes desta obra a nosa profe de Inglés, María, traballará con nos algúns dos contidos que aparecen na obra.
Xa estamos desexando que chegue o venres, non si?
domingo, 12 de enero de 2014
FESTIVAL DE NADAL
Decembro foi un mes moi axetreado: preparar os exames, decorar o colexio, ensaiar para o festival... pero mereceu a pena.

Ao fin chegou o gran día e a pesar dos nervios quedamos satisfeitos co resultado.
Chegou o noso turno. Peluca, maquillaxe e roupa axeitada para a ocasión... todo estaba listo.
Tres, dous, un...que comece a acción
Ao fin chegou o gran día e a pesar dos nervios quedamos satisfeitos co resultado.
Chegou o noso turno. Peluca, maquillaxe e roupa axeitada para a ocasión... todo estaba listo.
Tres, dous, un...que comece a acción
Obras de teatro, cancións, bailes, agasallos do amigo invisible, merendola cos amigos... todo resultou moi divertido.
lunes, 18 de noviembre de 2013
TEATRO PARA CELEBRAR O DÍA DA INFANCIA
O 20 DE NOVEMBRO CELÉBRASE O DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA posto que neste día do ano 1959 a Asamblea de Naciones Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos da Infancia.
Os alumnos do terceiro ciclo, para conmemorar este día, asistiremos ao Jofre onde presenciaremos a obra de teatro "Endereitados"; promovida polo concello xunto coa organización internacional Unicef.
Ademais, na clase traballaranse unhas unidades didácticas relacionadas con este tema.
O obxectivo desta actividade é axudar a que os nenos tomen conciencia dos seus dereitos; así como contribuir á sensibilización da cidadanía sobre os problemas que existen no mundo
miércoles, 13 de noviembre de 2013
PARTIPAMOS NUNHAS XORNADAS DE CINE...
O martes día 12, os alumnos do 3º ciclo, deixamos aparcados unhas horas os libros para ir ao Teatro Jofre . Alí participamos nunhas xornadas de cine Infantil en Educación e Valores, promovidas pola Fundación Lumièr. O obxectivo desta actividade extraescolar é empregar o cine como ferramenta para formar aos nenos nunha serie de valores que lles resultarán moi importantes no seu crecemento.
Antes da proxección, unha monitora fixo unha breve introdución sobre a película, e ao finalizar levouse a cabo un pequeno debate no que participamos todos os colexios que estabamos presentes.
A película emocionou a maoiría dos asistentes á proxección e fíxonos tomar conciencia de valores como a amistade, superación, integración e tolerancia.
Creo que mereceu a pena, non si?
sábado, 2 de noviembre de 2013
O MAGOSTO E O SAMAÍN CHEGA Ó VALLE INCLÁN
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







