miércoles, 16 de octubre de 2013

EN LANCHA POLA RÍA DE FERROL

Un dos obxectivos que nos propoñemos no colexio Valle Inclán 1, é coñecer un pouco máis o noso entorno. E por iso organizamos unha saída moi especial: un paseo en lancha pola Ría de Ferrol.


O venres día 11, os alumnos de 3º ciclo de  EP saímos do colexio para ir andando ata o porto de Curuxeiras, onde colleriamos a lancha.









Trátase da lancha, que todos os adultos de Ferrol ou proximidades, temos na nosa memoria, e que incluso temos utilizado para ir ata Mugardos. Sen embargo, para moitos dos nosos alumnos era descoñecida e na actualidade só funciona con regularidade nos meses de verán, principalmente como reclamo turístico.



Tivemos que agardar un pouco a que comezara a travesía, e mentres a profesora Maika falounos un pouco da nosa ría, da súa importancia e dalgunhas das cousas que poderiamos ver durante o traxecto en lancha. Calquer momento é bó para aprender!



Que puidemos aprender sobre a nosa ría?

A ría de Ferrol, donde desemboca o río Xuvia, sitúase entre os cabos Prioriño e Sagño, protexida dos ventos e temporais polos montes Ventoso e Faro. Xunto ás rías de Coruña, Betanzos e Ares, conforman o golfo Ártabro.
A súa situación, na parte septentrional dunha amplia ensenada, frente ó océano Atlántico, fan que a cidade goce un clima oceánico, con temperaturas suaves durante todo o ano e precipitacións frecuentes.
Ferrol desempeñou un papel importante na Historia de España posto que se convirteu  no porto militar máis importante da península durante séculos.




En Ferrol, tiveron lugar numerosas batallas navais e incluso algún desembarco promovido polos exércitos ingleses 
O porto de Ferrol xoga un importante papel na economía ferrolana. Tanto na dársena interior como a exterior, dase un importante movemento de mercancías, destacando a importanción de carbón para Endesa, de gas para a planta de Reganosa e de madeira para varias empresas. O porto exterior dispón de unha das maiores terminais de contenedores de Galicia. 

Pero isto é só unha pequena parte de todo o que aprendimos.


Esta é unha pequena mostra das fotos que quitamos

























martes, 10 de septiembre de 2013

BENVIDOS ALUMMOS DE 5º


Hoxe,  11 de setembro, comezamos un novo curso. Unha nova promoción de alumnos comeza unha nova etapa escolar, o 3º ciclo de Primaria. Novas experiencias, responsabilidades e retos por compartir nos esperan.
Traballaremos con ilusión, esforzo, respeto e cariño; e asi, poñedo cada un da nosa parte, conseguiremos levar a cabo todo o que nos propoñamos.

Benvidos ao blog da clase, que dende hoxe será o voso. Espero que vos guste, vos sexa útil e o visitedes con frecuencia. Nel poderedes atopar: recursos que vos facilitarán a comprensión dos contidos traballados nas diferentes áreas, actividades e experiencias vividas na clase e no colexio, enlaces e xogo ou páxinas de interés...
Tamén facilitará a comunicación entre familia-titora e permitiranos estar conectados máis aló do horario escolar.


HORARIO CURSO 2013/14


MATERIAL ESCOLAR


Esta é a lista do material que necesitaremos durante este curso. Pode ser que nalgún momento, para facer algún traballo determinado, se solicite algunha outra cousa; sen embargo será algo puntual.

·   3 CADERNOS DE GRAMPAS DIN A-4 RAIADO (Lengua, Lingua, Inglés)
·   2 CADERNOS DE GRAMPAS DIN A-4 CUADRICULADOS (Mates e C.Medio)
·   1 PAQUETE DE FOLIOS DE CORES E UN PAQUETE DE 500 FOLIOS BRANCOS.
·   1 BLOC DE DEBUXO ARTÍSTICO.
·   1 CARTULINA GRANDE DE COR BRANCA.
·    Mapas mudos: de Galicia (2 físicos e 2 políticos), e de España (2 físicos e 2  políticos).
·   1 CARPETA DE GOMAS PARA ARCHIVAR DISTINTOS TRABALLOS.
·   2 CARPETAS TIPO SOBRE DE PLÁSTICO TAMAÑO DIN A-4.
·   REGRA, ESCUADRA, CARTABÓN,  SEMICÍRCULO E COMPÁS.
· Na mochila traerán a diario outro material de uso personal como: lapis, goma, afila, tesoiras, pegamento, rotuladores, pinturas, bolígrafos: (azul, vermello e negro)
·   CERAS BLANDAS TIPO MANLEY(son válidas as do curso pasado)
·   ACUARELAS (son válidas as do curso pasado)

lunes, 9 de septiembre de 2013

APRENDER A ESTUDIAR


Ás veces estudar e lembrar o aprendido co paso do tempo resulta unha tarea complexa. Sen embargo, isto pode resultar máis doado tendo en conta algúns aspectos importantes. Pincha no seguinte enlace para comprobar se a túa forma de estudar é a máis eficaz e para aprender outras técnicas que faciliten dita tarea.

sábado, 22 de junio de 2013

FESTA FIN DE CURSO


Ó igual que sucede todos os anos o último día de clase do curso toca celebración. Hai que festexar que as clases chegan ó seu fin. Onte fixémolo dunha forma totalmente distinta a como o fixemos os últimos anos. Dado que este ano estivemos a traballar o xogo como centro de interés, para seguir a mesma liña, decicimos celebrar unha xornada de lecer Ociosaludable.
Asi pois, no patio do colexio instaláronse unha serie de xogos moi diversos: dende xogos tradicionais, ata xogos relacionados cos deportes, inchables, xogos de taboerio...
Aquí tedes algunhas fotos desta xornada, pero se queredes velas todas pinchade aquí: FOTOS FIN DE CURSO

O FUTBOLÍN HUMANO E OUTROS INCHABLES



.






 BAILE, aprendemos unha coreografía.
COMECASTAÑAS


A CHAVE 

                       A CORDA                                  


A PETANCA

A PEONZA

CARREIRA DE SACOS


CATRO EN LIÑA XIGANTE!


O LIMBO





TWISTER



XADREZ



DOMINÓ


CARREIRA DE SACOS


                                          AROS, BOLOS, GLOBOFLEXIA... 







E OUTROS XOGOS PARA OS MÁIS PEQUENOS






Gracias ós alumnos de secundaria que fixéchedes de monitores. É moi agradable contar coa vosa presenza e axuda.

Pero non só vivimos momentos especiais no patio, tamén na nosa aula. Tivemos unha merendola....


E despedimos a dous alumnos que non continuarán co grupo

Bailamos...

E bromeamos cos amigos...



Foron dous cursos cheos de emocións e agora teño que despedirme de vós, desexándovos todo o mellor e dicíndovos que aquí me tedes para o que necesites.
ATA SEMPRE


 E QUE DISFRUTEDES DO VERÁN