domingo, 12 de febrero de 2012

VISITA Ó ACUARIUM FINISTERRAE

O venres día 10 de febreiro, os alumnos e alumnas de Educación Primaria, xunto cos seus titores/as,  visitamos o Acuarium Finisterrae ou a Casa dos Peixes, como se lle coñece na Coruña. Aquí, aprendemos moitísimas cousas sobre os animais mariños e coñecimos especies das que non oíramos falar nunca.
                                           

Nestas fotos agardábamos ansiosos a poder entrar, non queríamos desperdiciar nin un só minuto.



Comezamos a visita pola sala Nautilos. Decorada ó estilo do Gabinete do Capitán Nemo no Submarino Nautilos, é unha sala de observación que está inmersa nunha gran piscina de 4.4 millóns de litros de auga, nas que nadan moitas especies distintas de peixes.





Cales chamaron máis a nosa atencion? Gastón, un Tiburón Toro macho, de 2.5 metros de largo, e uns 120 kg. de peso. O seu enorme tamaño, comparado cos outros tiburóns do acuario, débese a que  acuario do que procede, o de Brest (Bretaña), ten unhas augas máis cálidas; polo que se alimentaba máis e con máis frecuencia, e polo tanto medrou moitísimo duante a súa estancia ali.
Dende que chegou a augas galegas está acompañada de Hermosa, unha hembra da mesma especie que ten un tamaño moito inferior, ó estar sempre en augas frías.


Este é Gastón
                                                         


Tamén hai varios exemplares de musolas, que son tiburóns que podemos atopar nas nosas augas; ademais de rodaballos, meros, ollomoles, etc.
Rodaballo camuflado na area
Rodaballo


Mero

Cabracho


Na zona central da sala, podemos observar varios obxectos relacionados co mar como restos de barcos afundidos.



A continuación pasamos á sala Maremagnum. Trátase da sala máis grande do acuario, que contén máis de 600 especies distintas. É unha sala de exposicións interactiva sobre o Océano Atlántico.

Puidemos ver melgachos ou quintarrojas, que pertencen á especie dos tiburóns gato, que non teñen espiñas, pero sí cartílagos. Aprendimos tamén que teñen unhas escamas distintas, chamadas dentículos térmicos. Puidemos tocar a pel dun exemplar morto e chamounos a atención o áspera que era, por iso entendemos que antiguamente a empregaran para lixar.
melgacho




alumnos tocando a pel do melgacho
A monitora, ensinounos moitísmas cousas que nos deixou a todos abraidos:
Aprendemos  que forma de reproducción teñen os tiburóns e vimos algúns dos seus ovos. Por exemplo, os do melgacho son petacas ou bolsitos de sirena, que tardan en nacer de 7 a 9 meses. Os de tiburón teñen zarzillos para engancharse ás algas ou rocas. Os dos tiburóns das costas de Australia son moi curiosos, posto que teñen forma de cono, para meterse entre as rochas e que así non os poida arrastrar a corriente.

ovo de tiburón das costas australianas
ovos de melgacho

Boca de pez guitarra
reproducción dun dente de Megalodón (tiburón da época dos dinosaurios)




Puidemos ver cabaliños de mar; son fascinantes.

Pincha aquí se queres ver un video sobre os cabaliños do mar.


    E varias estrelas de mar.




Que curioso onde viven as cigalas



Tivemos tempo de conducir un barquiño...







                                       E que me dicides das medusas? É fascinante ver como nadan





Nesta sala tamén había unha exposición de fósiles mariños.



                                                             
Ademais hai cinco acuarios de gran volumen separados por gradas do resto da sala, e cada un deles representa un ambiente diferente da costa galega, e neles podemos ver raias, morenas, congrios, peixes-sapo, meros, cabrachos, polvos, etc. 




  



Nunha vitrana que había pouco despois de pasar a entrada da sala, había un animal moi curioso, lembrades como se chamaba?




Pois ben, son axolotes. Son anfibios que conservan durante toda a vída o seu estadio larvario.



Por último, saímos ó exterior. Alí as piscinas están conectadas co Océano Atlántico e están diseñadas cun sistema que as fai sensibles ás mareas, para que os animais que viven nelas teñan condicións similares ás especies que viven en liberdade.
Ademais de poder disfrutar do día soleado, tomar a merenda e quitar fotos, puidemos ver como alimentaban ás focas. 


Se queredes podedes ver un video sobre como alimentan ás focas 

Que vos pareceu a visita ó acuario? 
Espero que a todos vos resultara tan interesante como a mín e que aprendérades moitísimas cousas.

martes, 7 de febrero de 2012

O PERIÓDICO

No colexio consideramos que o periódico é un recurso moi funcional dentro das aulas, polo que na clase de 5º tódolos martes adicamos unha parte do tempo de Coñecemento do Medio a analizar unha ou varias novas da Voz de Galicia. 
Que pretendemos con esta actividade? en moitos casos sírvenos ós profesores, como unha forma distinta de introducir os contidos que a continuación veremos na asignatura. Noutros casos simplemente nos axuda a reflexionar sobre distintos temas sociais e en calquer caso, sempre nos sirve para estar ó día do que sucede na actualidade. 

MARTES 7 DE FEBREIRO

Denuncian decenas de estercoleros en el rural


Esta foi a noticia á que lle adicamos unha parte tempo da clase de coñecemento do medio. Fixemos unha posta en común sobre onde podíamos tirar todos aqueles "obxectos" que non debemos tirar ós contenedores e polo tanto vimos o que eran os puntos limpos. Algúns alumnos/as sabían o que era pero non coñecían a existencia de ningún na zona na que vivimos.

Se tedes algunha dúbida sobre que punto limpo queda máis preto da vosa casa pinchade aquí:
Se queredes ler a noticia completa podedes facelo no seguinte enlace: NOTICIA COMPLETA

Como vedes seguimos reflexionando sobre a importancia de coidar o entorno natural porque isto está na man de todos nós, non credes?

domingo, 5 de febrero de 2012

ESTREAMOS BLOG NO 3º CICLO

Como xa levávades tempo solicitando, xa tempos un blog para 5º de Educación Primaria. Isto só é o comezo dun proxecto en equipo que acaba de nacer, pero que coa vosa colaboración (aportando propostas, comentarios...) medrará día a día. Tamén desexo que o poidades utilizar como un instrumento de reforzo e ampliación dos contidos trallados en distintas asignaturas.

Asi que tanto alumnos e alumnos do Valle Inclán como ós pais e nais dos alumnos, por favor, animádevos a facer comentarios.

jueves, 2 de febrero de 2012

COMPROMISO MENSUAL

Xa que considero que a formación en valores é moi importante, coa creación deste blog surxiu tamén a idea de propoñerlles ós meus alumnos/as de 5º que cada mes nos comprometésemos cunha causa (a elexir entre todos). Púxenlles algún exemplo e expliqueilles que era algo voluntario, pero que si aceptaban debían cumplir có compromiso adquirido.

Que obxectivo perseguimos con isto? fomentar a responsabilidade, o coidado do entorno escolar e natural, o respeto polos outros e a capacidade de poñernos na situación doutras persoas.

O compromiso deste mes consiste en manter o patio do colexio o máis limpo posible. Asi pois, os cinco últimos minutos do recreo, dous alumnos/as encargaranse de que non quede ningún desperdicio, papel... no chan. Cada día serán dúas personas distintas as encargadas desta tarefa e podrán pedir colaboración se así o precisan ós outros compañeiros/as da aula. Asimesmo eu comprométome a axudarlles todo o posible e a cumprir eu tamén os compromisos adquiridos.

Que vos parece a idea?
Agora é necesario traballar para levala a cabo, ánimo!

Xa podemos ir pensando cal será o próximo compromiso, admítense suxerencias.