O pasado venres, día 10, os alumnos de 3º e 5º reuníronse na biblioteca do colexio. Ali, os alumnos/as comentáronnos que en xeral estaban resultando efectivas as intervencións dos titores na resolución de conflictos; asi que os animamos a continuar co programa. E para iso consideramos que é necesario que se coñezan un pouco máis e que cada vez teñan máis empatía entre eles. Por iso lles propuxemos que xogasen a algúns xogos que hai na biblioteca; e como non, aceptaron encantados...
Ao finalizar a xuntanza comentamos que proximamente realizaremos outra para levar a cabo unha actividade totalmente distinta e xa están preguntando cando será....