martes, 10 de mayo de 2016

ACTIVIDADES RELACIONADAS COAS MENINAS E CO BARRIO DE CANIDO

Seguimos a facer diversas actividades relacionadas coas Meninas nas distintas materias. Queredes ver o resultado dalgunhas?

Así de bonitas lles quedaron aos nosos pequenos artistas as casas do barrio de Canido, todas elas adornadas con Meninas




Pero queredes ver todo o proceso?  
           










 A seguinte actividade serviu para profundizar un pouco máis na vestimenta das mulleres da época das Meninas. Chamámoslle MARIQUITASMENINA
O que máis lles chamou a atención foi o bastidor que empregaban para dar volume  e forma á roupa.





 Ademáis de resultar moi entretidas e divertidas, sempre aprenden moitísimo de todas as actividades que levamos a cabo.
Cal será a próxima que lles propoñamos? manterémosvos informados.


E para que poidades revisar outras actividades que fixemos no cole dende o principio do curso e que están incluídas no PROXECTO TERRA, deixámosvos os seguintes enlaces:

ED. INFANTIL VISITA CANIDO
ED. INFANTIL. ENTROIDO: VELAZQUEZ

RUTA DAS MENINAS. 1º EP
3º E 4º VISITAN CANIDO
5º E 6º FAN A RUTA DAS MENINAS 
MENINAS DE VELAZQUEZ ... Y MÁS
ENTROIDO DE MENINAS
OPA CANIDO: ENTROIDO 2016
ALBUM MENINAS CANIDO
MURAIS, MONICREQUES, VIDEOS, RECORTABRES... SOBRE AS MENINAS
MENINACASA- CASAMENINA
SEMANA DA PRENSA: ENQUISA A EDUARDO HERMIDA
VISITA DE EDUARDO HERMIDA
CANIDO E AS MENINAS NO CONTO VIAXEIRO
CÁMARA ESCURA
FACEMOS MOITAS MENINAS 
COÑECEMOS O BARRIO DE CANIDO







miércoles, 27 de abril de 2016

XORNADA DE REMO

O día 26 os alumnos de 5º e 6º curso de EP xunto coas súas titoras, visitamos o club de remo San Felipe.


Alí puidemos coñecer as súas instalacións, as embarcacións que empregan...
A nosa alumna e compañeira Clara fíxonos una demostración de como se rema  nunha embarcación deste tipo.
Ademais, tivemos a oportunidade de remar nuns simuladores de remo ou ergómetros 














Fixemos varias competicións para poñernos na pel dos remeiros e remeiras que practican este deporte olímpico, e o gañador recibíu unha camiseta que non quitou en toda a mañá.

 De volta ás clases, todos estabamos un pouco cansos e incluso con maniotas pero a verdade e que mereceu a pena, non si?


domingo, 10 de enero de 2016

FESTEXAMOS O NADAL!

E nun abrir e pechar de ollos o primeiro trimestre chegaba ao seu fin, pero non sen antes festexar o Nadal como é debido.
Despois dunhas semanas adornando o colexio, de moitos ensaios da actuación... o día 18 de decembro fixemos o festival de Nadal.
Disfrutamos moito actuando pero tamén coa comilona que nos pegamos...
Estas son algunhas das fotos que quitamos xuntos