domingo, 15 de noviembre de 2015

VISITAMOS AS MENINAS DE CANIDO!


O venres día 13 os alumnos e alumnas de 5º e 6º curso fixemos unha saída cultural moi interesante e sobre a que xa levamos un tempo traballando: un recorrido polo barrio de Canido para ver as Meninas.



Como xa é sabido, este curso o colexio Valle Inclán ten como centro de interese as Meninas de Canido. Asi que a estas alturas do curso, xa conocemos moi ben o cadro orixinal, as personaxes que aparecen nel, o seu autor, asi como distintos aspectos sobre o barrio de Canido e sobre a historia de Ferrol.



Era imprescindible saber de primeira man como xurdíu a iniciativa, e quen mellor que o seu impulsor: Eduardo Hermida.
A verdade é que non puidemos ter mellor guía e ademais prestouse a ensinarnos o seu estudo de pintura e tamén a súa casa. Gracias Eduardo por ser tan xeneroso con nós.



 Que dicir das pinturas que vimos?
Pois increíbles, vimos Meninas para todos os gustos....
A máis moderna facendo un selfie

 


 



Menina andaluza




 


Menina feita polo artista Moncho Borrajo

 

 
Antigüo estudo de E.Hermida ( aquí comezou todo)


 











 Aquí pódense ver distintos elementos do mobiliario urbán, que  o concello puxo con forma de Menina, xa que xunto co cruceiro xa é un símbolo para o barrio.








Menina Lego
Mennas gatunas





As Meninas tamén aparecen en moitos negocios do barrio,

No barrio tamén hai distintas meninas revindicativas



 
 





 

Chamounos a atención que non só estaban pintadas ás paredes, senón tamén: os postes da luz, os tubos da auga...



Algunhas Meninas están ahora mesmo en proceso; como a escultura de César Lombera que está revestindo de fibra de carbono. Cando esté rematada buscaranlle unha nova ubicación: una rotonda, una plaza....


Pero todas axudan a revivir un barrio que de non ser por elas, sería un barrio máis condenados ao abandono.

A visita mereceu a pena e para quitarlle máis partido continaremos traballando no colexio sobre distintos aspectos  do barrio.