viernes, 14 de noviembre de 2014

CABAZAS E CASTAÑAS!!!



O xoves 30, no patio do colexio, e como xa é típico nesta datas, fixemos unha degustación de castañas. É unha boa excusa para disfrutar da compaña de todos os compañeiros do colexio, algúns con disfraces terroríficos....
Tamén levamos a cabo en grupo, unha serie de actividades e xogos que os profes do cole organizaron para baixar todas as castañas que previamente comemos.

Ademais, uns dias antes, e coa axuda dos pais, os alumnos que así o decidiron decoraron cabazas para expoñer  no colexio e vivir un pouco máis o Samaín. Gracias as familias por colaborar coma sempre.







Que ricas estaban as castañas!
En cada recuncho do patio podíamos ver algunha personaxe terrorífica; menos mal que estaban tranquiliñas!
E chegou o momento máis divertido da xornada... OS XOGOS!












Será necesario agardar un ano para celebrar de novo o Magosto e o Samaín, pero de seguro merecerá a pena.