jueves, 24 de abril de 2014

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO


O 23 de abril é un día importante no noso colexio porque precisamente o libro é un dos instrumentos, e non o único, que nos axuda na aprendizaxe diaria que levamos a cabo xuntos.

Este ano fixemos dúas actividades importantes co gallo da celebración deste día.
Unha delas consistíu nun concurso de contos. Asi pois, os alumnos de 5º en parexas inventaron un conto coa temática da auga. Entre todos os contos da clase seleccionouse un, o gañador. Queredes lelo?
Aquí o tedes:
Érase unha vez unha serea moi fermosa que estaba enoxada porque vía como morrían moitos peixes pola contaminación que producían os homes. Un día dicidiu ir xunto da Bruxa do Mar para que fixera un feitizo e a convertera nunha muller. Desta forma, intentaría deter a contaminación.
O feitizo funcionou e a serea espertou na praia sen cola, e as pernas dunha humana.
A idea era boa, pero había un problema; era demasiado o lixo que había e non daba feito. Sen embargo, con moito esforzo e a axuda de moitos amigos, que foi coñecendo mentres limpaba, déronno conseguido.
Un día, mentres ía camiñando pola praia, atopou un cangrexo ermitán que en vez dunha cuncha tiña unha lata. Éste díxolle que perdera a súa cuncha porque se lle estropeara cun vertido de petróleo que había na area e por iso tivera que meterse nunha lata de aceitunas pequeniña. Os dous fixéronse moi bós amigos e limparon toda a praia. A bruxa, que estaba moi satisfeita co seu traballo, decidiu facer outro feitizo para recompensalos pola súa importante labor. Asi que, a serea volveu á súa forma orixinal e ó cangrexo transformouno en Príncipe dos Mares. Os dous namoráronse e xuntos surcaron os mares contribuíndo a eliminar a contaminación e concienciando a todo o mundo sobre a importancia do coidado da natureza. E desta forma foron felices para sempre.

Outra das actividades consistiu en preparar un conto para contarllos a compañeiros doutros cursos. Os alumnos e alumnas de 5º contámosllos ós de 6º e eles a nós.
ESCENIFICACIÓN DO CONTO DE 5º




ESCENIFICACIÓN DO CONTO DE 6º







viernes, 4 de abril de 2014

CINENSINO: LOS CROODS.



Este luns os alumnos de 5º curso de EP, iremos ó teatro Jofre para ver a película "Los Croods".

Déixovos o trailer desta película para que lle votedes unha ollada: TRAILER DE "LOS CROODS"

SINOPSE:
Os Croods é unha aventura cómica en 3D que segue os pasos da primeira familia moderna do mundo durante a viaxe da súa vida. Cando a caverna que sempre foi o seu fogar é destruída -igual ca o resto do seu mundo pouco despois-, os Croods vense obrigados a emprenderen a primera viaxe familiar. Sacudidos por choques xeracionais e por movementos sísmicos, os Croods descobren un incrible novo mundo, cheo de fantásticas criaturas, e un futuro que supera canto tiñan imaxinado. No camiño tropezan con Chico, cuxos fascinantes descubrimentos, -como o lume... e o calzado-, alteran a forma de vida dos Croods de forma inesperada. A maioría da familia (especialmente Eep) recibe con boa disposición a imaxe dun lugar novo chamado "mañá" que lles presenta Chico; pero o que ve Grug é a maior calamidade ata a data: un encantador adolescente do que ten que "protexer"a Eep. Os Croods non tardan en decatarse de que se non evolucionan... están acabados.

Esta é a última película, do programa CINENSINO, que veremos durante este curso; así que xa sabedes, disfrutade moitísimo dela.