Como dende hai algúns anos, o Valle Inclán recibiu a visita dunha escritora.
Esta vez foi Ana Alonso, unha catalana que é ademais tradutora, bióloga e profesora de secundaria. Destacou no mundillo da creación literaria por diversos libros de poemas polos que recubiu varios premiios comol Accésit del Premio Adonais (por Vidrios), Premio de Poesía Hiperión (por Atlas), Premio Ojo Crítico (por Atlas), Premio Internacional de Poesía Antonio Machado (por Rostros), Premio Màrius Sempere (por Colores) e Premio Alfons el Magnànim (por Zapatos de cristal).
Con frecuencia escribe xunto a Javier Pelegrín e ten un blog personal no que establece un contacto vivo cos seus seguidores.
A comezo deste trimestre cada curso de EP levou a cabo a lectura dun libro desta autora, que durante a súa visita tivemos a ocasión de comentar. A experiencia resultou moi interesante e o obxectivo que dende o colexio perseguimos con esta visita tamén; consistía en fomentar o interés pola lectura e escritura, aproximándonos un pouco máis a este mundo de maxia e fantasía.
Gracias pola túa visita, Ana; e volve cando queiras, que estaremos encantados de recibirte.