jueves, 23 de enero de 2014

DÍA DA PAZ




A formación para a paz, a cooperación e a solidaridade é unha das finalidades que nos plantexamos no ámbito educativo. 
Esta celebración é, por tanto, unha oportunidade máis de contribuir a que os centros se convirtan en instrumentos de paz e entendimento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión. Non debemos esquecer que a escola é un reflejo da sociedade e nela pretendemos tamén educar para a vida, polo que sempre buscamos que os alumnos desenvolvan as capacidades e competencias necesarias para unha participación activa na sociedade.

E dende a clase de 5º de EP queriamos facer nesta ocasión, un especial homenaxe ao recentente falecido Nelson Mandela posto que para nós é o maior símbolo de PAZ e LIBERDADE. Ogallá existisen moitos Madibas. 





No cole tratamos de fomentar a paz durante todo o curso, este día só é unha excusa máis para tratar a importancia deste tema e polo tanto un bo momento para levar a cabo actividades conxuntas; polo que fixemos murais, reunímonos para cantar unha canción sobre a paz...


 

martes, 14 de enero de 2014



Como xa sabedes, no Valle Inclán 1 gústanos moito realizar saídas nas que poidamos aprender e poñer en práctica os nosos coñecementos.  Asi pois, e para iniciar con bó pé o trimestre, os alumnos do 3º ciclo faremos unhas destas saídas o venres 17.

Onde iremos?




 CENTRO SOCIAL FUNDACIÓN NOVACAIXAGALICIA



E alí presenciaremos unha obra de teatro en inglés chamada
                         TIME TRAVELLERS.


Queredes saber de que trata?

Pois ben, Liz é unha rapaza  que pode viaxar no tempo. No seu
percorrido a través dos séculos axudará a famosos personaxes
da historia, mais alguén a está seguindo… Acompañarémola nas
súas aventuras ao longo de máis de cinco mil anos de historia e
coñeceremos os personaxes que fixeron do mundo o que é
hoxe en día, desde exploradores e artistas ata heroes e inventores.
Esta obra entretida versa sobre o pasado e todo o que nos
pode mostrar.

E para facernos partícipes desta obra a nosa profe de Inglés, María, traballará con nos algúns dos contidos que aparecen na obra.

Xa estamos desexando que chegue o venres, non si?







domingo, 12 de enero de 2014

FESTIVAL DE NADAL

Decembro foi un mes moi axetreado: preparar os exames, decorar o colexio, ensaiar para o festival... pero mereceu a pena.







 Ao fin chegou o gran día e a pesar dos nervios quedamos satisfeitos co resultado.




Chegou o noso turno. Peluca, maquillaxe e roupa axeitada para a ocasión... todo estaba listo.


Tres, dous, un...que comece a acción









Obras de teatro, cancións, bailes, agasallos do amigo invisible, merendola cos amigos... todo resultou moi divertido.