martes, 10 de septiembre de 2013

BENVIDOS ALUMMOS DE 5º


Hoxe,  11 de setembro, comezamos un novo curso. Unha nova promoción de alumnos comeza unha nova etapa escolar, o 3º ciclo de Primaria. Novas experiencias, responsabilidades e retos por compartir nos esperan.
Traballaremos con ilusión, esforzo, respeto e cariño; e asi, poñedo cada un da nosa parte, conseguiremos levar a cabo todo o que nos propoñamos.

Benvidos ao blog da clase, que dende hoxe será o voso. Espero que vos guste, vos sexa útil e o visitedes con frecuencia. Nel poderedes atopar: recursos que vos facilitarán a comprensión dos contidos traballados nas diferentes áreas, actividades e experiencias vividas na clase e no colexio, enlaces e xogo ou páxinas de interés...
Tamén facilitará a comunicación entre familia-titora e permitiranos estar conectados máis aló do horario escolar.


HORARIO CURSO 2013/14


MATERIAL ESCOLAR


Esta é a lista do material que necesitaremos durante este curso. Pode ser que nalgún momento, para facer algún traballo determinado, se solicite algunha outra cousa; sen embargo será algo puntual.

·   3 CADERNOS DE GRAMPAS DIN A-4 RAIADO (Lengua, Lingua, Inglés)
·   2 CADERNOS DE GRAMPAS DIN A-4 CUADRICULADOS (Mates e C.Medio)
·   1 PAQUETE DE FOLIOS DE CORES E UN PAQUETE DE 500 FOLIOS BRANCOS.
·   1 BLOC DE DEBUXO ARTÍSTICO.
·   1 CARTULINA GRANDE DE COR BRANCA.
·    Mapas mudos: de Galicia (2 físicos e 2 políticos), e de España (2 físicos e 2  políticos).
·   1 CARPETA DE GOMAS PARA ARCHIVAR DISTINTOS TRABALLOS.
·   2 CARPETAS TIPO SOBRE DE PLÁSTICO TAMAÑO DIN A-4.
·   REGRA, ESCUADRA, CARTABÓN,  SEMICÍRCULO E COMPÁS.
· Na mochila traerán a diario outro material de uso personal como: lapis, goma, afila, tesoiras, pegamento, rotuladores, pinturas, bolígrafos: (azul, vermello e negro)
·   CERAS BLANDAS TIPO MANLEY(son válidas as do curso pasado)
·   ACUARELAS (son válidas as do curso pasado)

lunes, 9 de septiembre de 2013

APRENDER A ESTUDIAR


Ás veces estudar e lembrar o aprendido co paso do tempo resulta unha tarea complexa. Sen embargo, isto pode resultar máis doado tendo en conta algúns aspectos importantes. Pincha no seguinte enlace para comprobar se a túa forma de estudar é a máis eficaz e para aprender outras técnicas que faciliten dita tarea.