domingo, 7 de abril de 2013

VISITA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL.

Moi preto do noso cole, na Plaza de Canido, podemos atopar un dos museos máis importantes de Europa sobre a Historia Natural. Asi pois organizamos unha saída para poder visitalo o venres 5 de abril.

Está na coñecida "Casa del Coronel" e enterámonos de que conta con algúns exemplares que son únicos no mundo.Conta cunha das coleccións de cetáceos do atlántico norte máis completas de Europa, con especies moi pouco frecuentes ou en perigro de extinción como a balea Franca, así como a colección de cetáceos fósiles máis importantes do mundo.

Chamounos moito a atención este calamar xigante que mide uns 8 metros a pesar de ser aínda unha cría.


Vimos este impresionante exemplar de tiburón anguila









Puidemos ver a sala de bioloxía terrestre na que había o esqueleto dunha pitón,de lagartos cráneos de mamíferos e aves










Peles de distintos animais: focas, teixugos...






Distintos restos procedentes de animais terrestres (feces, pegadas na terra...) que nos aportan moitísima información sobre eles.


E tamén puidemos ver fósiles vexetais



Foi unha xornada na que aprendimos moitísimas curiosidades sobre animais e plantas a través da observación dos seus fósiles e gracias ás explicacións dunha persoa  moi entendido no tema, que nos permitíu incluso tocar algúns dos fósiles.

Se queredes ver algunha foto máis do museo pinchade aquí.