Nove meses despois de comezar as clases despedimos o curso 2011-2012. Nel pasáronnos cousas importantes:
creamos un Blog para o terceiro ciclo, co que continuaremos para o próximo curso; adquirimos varios compromisos que nos axudaron a fomertar entre todos nós, valores que nos axudan a medrar como personas; aprendimos a resolver pequenos conflictos que xurden coa convivencia; interiorizamos moitos contidos de tódalas materias; e compartimos momentos moi diversos (de cine, excursións, festivais...).
Pero ahora toca descansar para repoñer forzas e en setembro comezar o último curso de ciclo; asi que o último día de curso celebrámolo así:
E estes son os murais que me fixéchedes, e polos que vos estou moi agradecida.
Por certo, bailáchedes moi ben, sodes uns artistas, e para que vos vexades póñovos os vídeos.