martes, 15 de mayo de 2012

DÍA DAS LETRAS GALEGAS


O Día das Letras Galegas é unha celebración creada en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacaron pola súa creación literaria en idioma galego ou pola súa defensa de dita lingua. Cada ano adícase a unha personalidade diferente, escollida pola Real Academia Galega, tendo en conta que se esixen al menos dez anos dende o seu falecemento. A data de celebración deste evento, é o 17 de maio debido a que tan día como éste, en 1863, publicouse en Vigo o primeiro exemplar da obra de Rosalía de Castro, Cantares Gallegos.
Este ano adícase a Valentín Paz Andrade e do que podes averiguar moitos datos, asi como xogar, se pinchas nos seguintes enlaces.

Información sobre Paz Andrade
Libro interactivo sobre Valentín Paz Andrade
Avalía os teus coñecementos sobre Paz Andrade
LETRAS GALEGAS 2.012: Coñecemos a nosa lingua a través dos nosos persoeiros.


domingo, 13 de mayo de 2012

OLIMPIADA ESCOLAR

Dado que este ano vanse celebrar en Londres as XXX Olimpiadas, pensamos que nós tamén debiamos facer algunha actividade relacionada cos xogos olímpicos; asi que o venres 22 de maio celebramos no colexio a nosa primeira Olimpiada Escolar.

Todos os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria, xunto cos profes, reuníronse nos patios exteriores do colexio. Ali agardábanos a mascota, Olimpiña, realizada polos nenos de Infantil para amenizar o evento.

Realizáronse distintos grupos mixtos nos que había alumnos/as de todos os cursos, e asi, en equipo levaron a cabo distintas actividades: lanzamento de pesas, circuitos de obstáculos, etc. 

Estes son os grupos e son seus integrantes















E dado que o lema era "con Olimpiña gañamos todos", había unha medalla para cada un dos participantes; é dicir, para os 176 nenos e nenas de Infantil e Primaria, asi como un diploma para o grupo gañador da proba. 





Desta forma, sen a penas darse conta estábase fomentando a participación de todos os nenos/as, a cooperación, o deportivismo, o espíritu democrático, etc.



Asi que, mereceu a pena, non credes?















lunes, 7 de mayo de 2012

TRES DÍAS DIVERTIDÍSIMOS EN SARRIA

Os días 2, 3 e 4 de Maio os alumnos/as do terceiro ciclo de Primaria foron de excursión á granxa Barreiros de Sarria (Lugo). Ainda que esta granxa foi fundada no ano 1948, foi no ano 1985 no que surxeu un proxecto para reorganizar esta granxa coa realización de actividades en obradoiros relacionados coa agricultura, gandería e o entorno natural da cordo coas estacións do ano.

Por que consideramos que este era un bo lugar ó que ir de excursión? Pois cremos que é unha forma de gozar dun ocio alternativo e do contacto directo co medio rural, participando activamente na vida da granxa.

Os alumnos/as participaron en distintos procesos de transformación para entender a orixe de moitos productos que empleamos na vida cotidiana.

Raparon as ovellas


Recolleron mostras no Regato de Ponticela


Acondicionando os establos

Lavaron, cardaron e fiaron a la para despois poder texela.

No tempo libre fixeron distintas actividades: xogos diversos e bailes na disco da granxa.
Pero ó día seguinte había que seguir coas distintas actividades, o coidado dos animais era unha delas.

Aprenderon a facer o pan
E elaboraron fornos solares.

Un dos animais favoritos dos nenos/as.

 E máis xogos para disfrutar do tempo libre na granxa.

 Un grupo preparaba o comedor para o momento da comida 


 Despois da comida e da cea, outro grupo era o encargado de recoller todo.

  A pesar de non parar durante todo o día, todavía gardaron enerxía para facer algunha festiña; porque como podedes ver non tiñan cara de sono.

Pero isto non foi todo, tamén elaboraron perfumes, fixeron moedeiros con tetrabricks, e moitas cousas máis.Asi que, como vedes foron tres días de traballo, diversión e aprendizaxe que seguron repetirían de boa gana noutra ocasión, non é asi?


Se queredes ver máis fotos, pinchade aquí.