No colexio consideramos que o periódico é unha ferramenta única xa que sempre podemos adaptar algunhas noticias os distintos niveis educativos. Ademáis serve para motivalos e permítelles estar ó día e fomentar o seu espíritu crítico. Por tanto, dende o colexio fomentamos o uso da prensa na aula e tódolos martes, adicamos un tempo a mirar o periódico e analizar distintas novas. Asi que para celebrar a semana da prensa adicamos algún tempo máis que de costume a isto. Os obxectivos eran:
Fomentar o uso da prensa na aula; recoñecer as distintas seccións dun periódico; diferenciar entre feitos e opinións; situar no espazo e no tempo os acontecementos da actualidade, etc.
Asi que miramos varios periódicos, analizamos noticias, revisamos as distintas seccións, e prestamos máis atención que normalmente á publicidade (analizamos distintos textos publicitarios: cal nos chamaba máis á atención e se se debía á imaxe, ó estilo da grafía, á cor...), e fíxámonos nas distintas caricaturas.
Asimesmo presentámoslles ós alumnos e alumnas de 5º sete razóns distintas polas que lles aconseñamos ler o xornal:
1. Aprenderedes a escribir e a expresarvos mellor.
2. Estaredes infomados do que acontece ó noso redor e poderedes opinar sobre os distintos temas.
3. Poderedes reflexionar sobre a actualidade, ser máis crítico e que non vos den gato por lebre.
4. Entenderedes de que falan os maiores e poderedes discutir con eles sobre temas importantes.
5. Será o voso mellor libro de texto, distinto cada día.
6. Converterase na vosa novela favorita e irá con vós toda a vida.
7. Estaredes enteradados do que poñen no cine, na tele, que se leva esta tempada, como vai a Liga... e máis cousas que de seguro vos interesarán.
Son razóns suficientes para adircarlle un tempo a lectura do periódico, non vos parece?
Aquí vos deixo os enlaces de dous dos periódicos máis lidos na nosa comarca, se queres lelos só tes que pinchar aquí:
LA VOZ DE GALICIA (EN GALEGO)
EL DIARIO DE FERROLMostrar todo