jueves, 8 de marzo de 2018

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER


MURAIS QUE FIXERON OS ALUMNOS DE 5º
Xa hai un tempo que no colexio nos preguntamos que podiamos facer para visibilizar o papel que sempre tiveron as mulleres na sociedade e así apoiar a loita pola igualdade da muller.
Pois ben, este ano plantexámolo do seguinte xeito:

"Lembraremos ás mulleres que ao longo da historia pintaron moito" ,  Así pois, enmarcadas dentro dun proxecto levado a cabo dende a biblioteca do cole ("Elas sempre pintan moito") levamos a cabo varias actividades relacionadas co libro de Ángeles Caso “Ellas mismas”. Seleccionamos  6 pintoras e acontinuación recreamos algúns dos seus autorretratos. Mostrámosvos parte deste traballo:

1. Candela Souto Estévez, alumna de 5º de EP, recrea o retrato de Majura Mallo feito por Tamara de Lempicka . Tanto nesta coma no resto dos traballos dos autorretratos son os propios alumnos os que se encargan de preparar o vestiario, os fondos e tamén de filmar e fotografiar.
Momento da recreación. Distintos alumnos se preparaban para filmar.
Resultado final

2. Zoe, da clase de 6º,  recrea un retrato de Frida Kahlo feito por Lita Cabellut




                                              

3. Gala, alumna de 3º curso de EP,  recrea outro autorretrato de Frida Khalo,  para o que varias compañeiras elaboraron o colorido marco.

4. André, alumno de 6º, representa un retrato de ELLEN DAY HALE, para o que varias alumnas de 5º elaboraron un fondo moi similar ao do cadro orixinal. 



5. Tamén incluímos un retrato de Lita Cabellut, realizado por Eduardo Blanco recreado por Candela Pita de 1º ESO

6. Nos podiamos esquecer a estoutras pintoras galegas: Carmen Corredoira e Elvira Santiso, interpretada por Clara Grela de 5º curso de primaria.


Estes son os preparativos....
   

   Alumnas de 1º de ESO fixeron o fondo a pastel no que se pode distinguir a Catedral de Santiago


E este o resultado final...




                                  

Imaxe cedida pola Fundación ABANCA da obra: "La dama compostelana"

7. Todo este traballo quedou reflectivo nun kamishibai que se está a representar na biblioteca.

8. E como non, todas as mulleres que dende hai miles de anos pintaron nas covas foron representadas por os nosos entrañables cavernícolas de infantil

 

9. Fixemos vídeos de todas as recreacións...






9. Os nosos alumnos de 5ºfixeron poesías adicadas a algunhas destas pintoras:

                                             MARUJA MALLO
                                             No mundo máxico de Maruja Mallo
                                             todo é posible.
                                             Có seu amigo Salvador Dalí
                                             faise máis visible.

                                             Metade anxo, metado marisco,
                                             artista e muller sin prexuizos.
                                             Era galega,
                                             muller independente
                                             non lle importaba
                                             o que dixera a xente.

                                             Foi ilustradora en revista,
                                             e pintora subrealista.
                                             resumindo, foi moi boa artista.

                                              ELVIRA SANTISO
                                              A catedral de Santiago
                                              agochada no teu autorretrato.
                                                                   
                                              O teu corpo enxoiado
                                              e o teu cabelo ondulado.
                                           
                                              Os teus brazos larguiruchos
                                              e o teu corpo flacucho.

                                              Esa muller tan independente
                                              era unha gran referente.

                                              Esa muller tan creadora
                                              era boa pintora.
                                         
                                              O ser boa comunicadora,
                                              facíalle ser mellor profesora.

9. Ademáis do traballo relacionada coas pintoras, os alumnos de 5º e 6º de EP fixemos un kamishibai sobre as protagonistas dun libro chamado "Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes" onde aparecen as biografías de moitas mulleres cun papel destacado pero descoñecidas para moitos.


Este é só  parte do traballo que os alumnos de 5º levaron a cabo para traballar o día da muller e así colaborar co proxecto "Elas sempre pintan moito" pero non só os nenos de 5º participaron nel, senón tamén outras clases. 

Grazas ás cabezas pensantes deste proxecto, Elena e Eva. Grazas por permitirnos e animarnos a participar; sodes as responsables de que aprendéramos tanto.
E como non, gracias ás familias pola súa colaboración á hora de preparar o vestiario, permitirnos facer públicas todas as imaxes e animarnos a continuar traballando. Este é un claro exemplo de que traballando xuntos traballamos mellor e podemos conseguir o que nos propoñamos.

Pola nosa parte, disfrutamos moito co traballo que fixemos e ademais aprendemos moito, asi que seguiremos traballando neste e noutros proxectos. 

viernes, 23 de junio de 2017

DIFRUTAMOS DO PREMIO LUIS FREIRE CUNHA VISITA AO ACUARIUM FINISTERRAE

museo coruñés. 


Como xa sabedes, a clase de 5º curso foi gañadora do primeiro premio no concurso Luis Freire de investigación científica na escola, na modalidade de Educación Primaria co proxecto "Somos lunáticos... mito ou realidade?"; no que estudamos ata que punto a lúa inflúe nos seres vivos. 

E como gañadores, fomos invitados a unha visita ao Acuarium Finisterrae da Coruña onde puidemos disfrutar dunha visita á parte técnica do acuario da man do biólogo Antonio Vilar.




No laboratorio explicáronos que tipo de traballo realizaban para contribuir a que as distintas especies estiveran en perfecto estado de saúde así como cales son as principales medidas para o coidado da auga. Tamén aprendemos o que é o fitoplancton e o zooplancton.




Tivemos a posibilidades de acceder ao lugar donde están en cuarentena os peixes e outras especies debido a distintas causas: por presentar alguna enfermidade, por acabar de chegar ao acuario, por atoparse no periodo de ovación ou incluso por estar participando nalgún proxecto científico da universidade.









A sala máis maxestuosa para nós é o Nautilus pero nunca a viramos dende esta perspectiva. Puidemos acceder á mesma piscina pero dende arriba. Aquí non tardou en deixarse ver Gastón, o maior tiburón do acuario, traído dende a Bretaña Francesa.

Accedemos á zona de filtración
Non desaproveitamos a ocasión e quitamos unha foto de grupo no Nautilus despois de observar a todas as especies de peixes que alí había.

E na terraza tomamos a merenda e quitamos máis fotos de grupo.


viernes, 2 de junio de 2017

O CAMIÑO INGLÉS

O curso 2016-2017 está chegando ao seu fin e os alumnos de 5º de EP faremos un pequeno resume das actividades feitas nel e do que aprendemos de cada unha delas. Así que retomamos a nosa primeira visita do curso:

Dado que este curso o centro de interés das nosas actividades é o barrio de Ferrol Vello e que por ese motivo no colexio estase a realizar o Proxecto Terra coa mesma temática, queríamos facer alguna saída cultural que nos permitise aproximarnos a este barrio a aprender moito sobre el. Posto que o Camino Inglés, seguido por numerosos peregrinos, iníciase aquí,  pareceunos que sería moi interesante facer unha pequeña parte del cos nosos alumnos de 5º e 6º de EP.
A pesar de que tivemos que pospoñer dita saída debido as condicións climatolóxicas, ao fin o día 20 de outubro puidemos facelo.
  
foto xunto ao monolito de pedra co escudo 

É aquí mesmo, na mesma dársena de Curuxeiras onde comeza o Camino Inglés. Un monolito de pedra co escudo de Galicia labrado, onde as sete cruces representan as sete provincias do antigo Reino de Galicia, constitúe a primera sinal deste itinerario.
  
 Iniciamos o percorrido pola rúa Carmen Curuxeiras, vía decadente do primitivo Ferrol Vello formado por estreitas rúas  e preto de onde se situaba o antigo Hospital de Peregrinos do Espíritu Santo, destinado  a pobres  e enfermos,  que funcionou ata 1780.

                                                             
                                                                            Hospital de Peregrinos









O itinerario urbano continúa por la Rúa San Francisco e pasa xunto á igrexa do mesmo nombre. Xusto despois atopámonos o Parador Nacional, co palacete de Capitanía; ambos rodeados polos xardíns de Herrera, excelente mirador sobre a ría, os asteleiros e os diques militares. Seguimos de frente por la rúa Real, onde os profes nos explicaron que inicia o barrio da Magdalena, de viviendas modernistas e deseñado en forma de tableta de chocolate (con seis rúas paralelas cortadas por otras nueve transversais). A continuación pasamos ao carón da praza do Marqués de Amboage, pola  praza de Armas, e polos xardíns do Cantón de Molíns.

Parador
Palacete de capitanía

Praza Marqués de Amboage

Praza de Armas

Cantón de Molíns

De seguido aproximámonos ao Arsenal para así acceder ao barrio portuario de Esteiro e pasamos xunto aos cuarteis da Infantería de Marina; e rodeamos o perímetro da muralla dos asteleiros ferroláns.  Puidemos pasar xunto a cárcere militar para acercarnos ao barrio de Caranza (o máis poboado de Ferrol). 






Cando xa estabamos un pouco cansos, chegamos á avenida ol Mar, pegada á ría. Xunto a ela, rodeada de zona verde,  sitúase a capilla de Santa María de Caranza, bo lugar para tomarse un breve descanso disfruntando da merenda que traíamos e divertíndonos cos compañeiros no parque.
  

















Tras o merecido descanso, retomamos a camiñata, non sen antes decatarnos das fermosas vistas da  ría de Ferrol. Tras percorrer a parte do camino inglés que transcorre por Ferrol, pasamos ao que vai polo municipio de Narón e que transcorre polo Polígono Industrial da Gándara. Xusto alí,  antes de coller hacia a Faisca rematamos a primeira fase deste primero tramo do Camino Inglés; cunha panorámica privilexiada dos municipios situados á outra beira: Neda e Fene.

Aínda que acabamos moi cansos, gustounos moitísimo a experiencia e quedamos con gañas de chegar ata Neda para rematar esta primeira etapa do Camino Inglés. De seguro que non tardaremos en organizalo…
 Protección Civil de Ferrol acompañounos en todo o traxecto e velou pola nosa seguridade. Sen eles sería moito máis complexo, asi que moitas grazas pola vosa axuda.


Foto quitada no camiño xunto unhas das cunchas que sinalizan o Camiño de Santiago.