domingo, 29 de enero de 2017

INICIAMOS O PROGRAMA TEI

Xaneiro foi o mes elixido para comezar con novos proxectos pero aos que xa levabamos uns meses adicándolle parte do noso tempo e esforzo. Trátase do programa TEI de convivencia; orientado a mellorar a integración escolar e traballar por unha escola inclusiva e non violenta. 
E en que consiste? Pois ben, básase na tutorización emocional entre os alumnos de 5º e os de 3º EP, actuando desde a prevención, sobre os primeiros síntomas, e xerando un entorno de tolerancia cero. 
 Os centros que xa  aplicaron este programa din que serve tamén para desenvolver a empatía, o compromiso, a integración e o vínculo do grupo clase.
Nas seguintes  fotos vemos o momento no que reunimos na biblioteca ás clases de 3º e 5º de EP para presentarlles a cada alumno/a de 3º o seu titor/a de 5º á vez que se lles facía entrega do seu carné de titor.

De seguro que este será o inicio dun vínculo que se reforzará co paso do tempo





Despois das presentacións oficiais chegou o momento de coñecerse máis, asi que tutor e tutorizado reuníanse para cubrir cadanseu cuestionario sobre o compañeiro e para facer uns pasatempos xuntos.




 Resultou unha mañá de venres moi divertida e este só era o inicio, o asunto promete...
Máis adiante xuntarémonos de novo para facer máis actividades xuntos e que se vaian coñecendo un pouco máis. Mentres tanto os alumnos de 3º saben que teñen moi preto un compañeiro/a de 5º para axudarlles a solucionar satisfactoriamente conflictos do día a día.


Os alumnos/as de 3º EP posan con seus titores de 5ºEP na biblioteca